You are hereBlogues / blogue de admin / INICIO CLASES CURSO 2020/2021

INICIO CLASES CURSO 2020/2021


O inicio de clases terá lugar de xeito escalonado os días 23, 24 e 25 de setembro, seguindo os horarios que se poden ver a continuación.

Non se poderá acceder ao centro antes da hora fixada para cada grupo.

IMPORTANTE: Os grupos de 1º curso de ciclos medios e superiores terán ensino semipresencial (agás 1º cm farmacia que será presencial). Estes grupos serán divididos en dúas partes de 11 alumnos na presentación e só quedará para as clases dese día a metade que corresponda, a outra metade do grupo deberá abandonar o centro rematada a presentación e incorporarse ás clases cando se lle indique.

Os grupos de 2º CS anatomía e 2º CM farmacia serán tamén en semipresencial e o titor contactará con eles para comunicar qué alumnos se teñen que incorporar o xoves e qué día se incorpora a outra metade.

Os grupos de FPB serán todos presenciales e se incorporarán á presentación correspondente sempre e cando teñan formalizado a súa matrícula.

Etiquetas