2007-2008

SEMANA DOS LIBROS

É sabido que o 23 de abril é o día do libro. Porén a biblioteca do noso instituto, pensando que un día era ben pouco, decidiu adicarlle toda a semana. Do 21 ao 25 de abril @s nos@s alumn@s recitaron na biblioteca fragmentos, poemas... das súas obras preferidas.

Se queres saber o que escolleron para ler @s nos@s alumn@s, só tes que acodir ao taboleiro da biblioteca. Alí penduráronse todas as lecturas recitadas ou mesmo dramatizadas.

Ademais, coincidindo co Ano Internacional das Linguas, montouse unha exposición de libros en linguas diferentes.

Semana dos libros

Na semana do 21 ó 25 de abril a nosa biblioteca celebra a festa dos libros coas lecturas das obras preferidas dos nosos alumnos e profesores.

Ademáis pódese visitar tamén unha exposición de libros escritos en diferentes linguas con motivo do Ano Internacional das Linguas.

CRÓNICA DE BIBLOCASTELO (CLUB DE LECTURA)

CREANDO CLUB!!!

O día vinte e nove de novembro comezou a andaina do club de lectura do noso centro.

“Biblocastelo” inaugurouse coa lectura dun conto de A lus do candil de Ánxel Fole. Á luz das candeas e con efectos especiais, lemos “Aleluia” tentando recuperar a tradición da lectura pública colectiva.

Finalizamos cunha enquisa para procurar descubrir os gostos e afeccións d@s nos@s lectores/as.

 

 

XA SE ACHEGAN AS VACACIÓNS DE NADAL!

Biblocastelo ponse en contacto coa “Fundación Germán Sánchez Ruipérez” de Salamanca para acollernos ao seu “programa de préstamos á carta”.

Como aos/ás nos@s lector@s apaixónalles o medo, solicitamos á devandita fundación corenta e nove libros coa temática de misterio e terror. Así, @s integrantes do club viaxarán con eles durante as vacacións, e á volta compartirán connosco a súa experiencia.

 

ACHEGÁMONOS AO TEATRO.

Confiando na comprensión lectora d@s nos@s “clubeir@s”, atrevémonos coa lectura dramatizada do teatro do absurdo de Arrabal.

A transcendencia do absurdo das guerras chéganos a través do humor ácedo de Pic-nic. E, nun campo de batalla, rimos e reflexionamos.

 

O AMOR A VIVA VOZ.

@s alumn@s escollen poema de amor e melodía a acompañar para un recital de poesía amorosa na aula de usos múltiples.

Cun micrófono á beira da boca, a ollada dun improvisado cámara, a música aboiando e sen pánico escénico; recitamos e facemos noso o amor doutros/as.

Como a actividade gustou aos/ás asistentes, non puidemos deixar de agasallarnos cuns marcadores- poemas de amor plastificados.

Os poemas están recollidos no ficheiro adxunto do final da páxina.

 

AGORA XA TEMOS BLOGGGGGGG!!!!!!!

Biblocastelo creou espazo na rede e inaugurou blog.

Anímate a visitarnos en www.blogoteca.com/bibliocastelo ou pincha aquí .

Se queres colaborar connosco, envíanos os teus artigos ao correo electrónico: bibliocastelo@esgalicia.com.

 

CREANDO LECTORES.

@s nos@s clubeir@s matinan na misión de incentivar á lectura aos/ás pícar@s.

Que decidiron argallar?

Pintándose e disfrazándose, apañaron de monicreques e foron teatralizar contos aos/ás nen@s de catro anos do Colexio Vista Alegre.

E na Biblioteca, co auxilio dos libros, os tradicionais personaxes de contos foron cobrando vida nun pequeno teatro de títeres.

 

ENCONTRO CON TINA BLANCO

O luns 14 de abril o Club de Lectura organizou ás 18:00 horas un encontro coa escritora Tina Blanco na aula de usos múltiple do IES Monte Castelo, convidando a todo@s os que quixesen asistir, a compartir as súas experiencias.

 

O MUNDO DOS ANIMAIS

En O mundo dos animais, Desmond Morris describe dun xeito moi atractivo os costumes e as características principais de vinte e catro animais.

Cada alumn@ escolleu, ao chou, un animal para ler individualmente; logo @s compañeir@s, coa axuda de pistas, terán que adiviñar de que animal se trata.

Comentamos as características dos animais que máis nos sorprenderon e descubrimos unha nova maneira de achegarnos a este mundo.

 

 

CONCURSO PORTADA HÁBLAME DEL FANTASMA DEL FARO

Co motivo da lectura deste libro polos integrantes do club e polo encontro coa súa autora, decidimos organizar un concurso sobre unha hipotética nova portada para este libro. É un xeito de saber, a través dos debuxos, que nos suxeriu esta obra.

Lévase o premio a alumna Noelia Fernández Carballeiro do nivel III de Esa.

Os traballos presentados están editados no Blog.

 

VISITAMOS O FARO DE SAN CIBRÁN E O MUSEO DO MAR

Este libro segue a suxerirnos actividades. Así que, collemos as mochilas e marchamos a falar coa fareira de San Cibrán coa que contactou Tina Blanco para escribir o seu relato.

De camiño, aproveitamos a ocasión de ver O Museo do Mar e realizar unha actividade.

 

 

DESPEDÍMONOS CON CASTELAO

Como xa se achegan as vacacións de verán, decidimos despedir esta tempada coa lectura dramatizada de Os vellos non deben de namorarse de Castelao. Rimos co pranto das irmás de don Saturio e xa nos voltaredes a ver.

 

DEICA LOGO E LEREMOS MOITO NO VERÁN

 

 

 

 

 

Distribuir contido