MATRÍCULA ABAU PARA OS ALUMNOS QUE APROBAN 2º Bac en XUÑO 2021

 

CURSO 2020/21

 

 Alumnos bacharelato

 

 

            Os alumnos de 2º de bacharelato que aproben todas as materias en XUÑO, antes de matricularse para a ABAU teñen que facer o depósito para o TÍTULO DE BACHARELATO.

 

             Documentación necesaria:

·    Fotocopia DNI

·    Recoller na secretaría do centro un impreso para pagar nunha entidade bancaria a seguinte cantidade:

Ordinaria:  52,94 euros

Familia Numerosa: Categoría xeral:  26,50 €  -  Categoría especial: 0 € (TRAER FOTOCOPIA CARTILLA Fª Nª. actualizada).

Tamén se pode realizar o pago telemático dende a web de  Axencia Tributaria de Galicia:

http://www.atriga.gal/web/atriga/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos

Os códigos para cumplimentar o impreso son os seguintes:
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ................. Código: 07
Delegación de Servizos Centrais .......................................................... Código: 13
Servizo de Ensino Medio ..................................................................... Código: 03
Taxa: denominación: Expedición de Títulos Académicos e Profesionais correspondentes as
ensinanzas establecidas pola LOE ....................................................... Código: 302003

 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Para matricularse na ABAU os aprobados en maio 2021  (Avaliación de Bacharelato para o Acceso a Universidade):

 

 

Matrícula:  28 e 29 de xuño(horario 9:30 a 13:30)

 

Lugar: Secretaría do centro.

 

Documentación necesaria:

·    Resgardo acreditativo de ter efectuado o depósito do título de bacharelato.

·    Cubrir impreso de matrícula da ABAU, que facilita o centro ou que se atopa  nun arquivo adxunto.

·       Impreso de prematrícula que lle será entregado por parte de secretaría para que o alumnado comprobe os seus datos persoais e académicos. Logo da súa comprobación, o alumno/a debe entregalo asinado xunto co resto da documentación no momento de matrícula na ABAU (comprobar tlfno. móbil e e-mail e comunicar os erros en secretaria)

·      Recoller na secretaría do centro ou cubrir o impreso de  taxas da ABAU  para pagar na entidade bancaria elexida a seguinte cantidade: 

-       Matrícula ordinaria:   63,67 euros

-       Familia Numerosa 1ª - 2ª Categoría Xeral:  31,84 euros (Traer fotocopia da cartilla de  Fª Nª. actualizada)

-       Familia Numerosa Honra-Especial: GRATUITA (Traer fotocopia da cartilla de Fª Nª actualizada)

-   Persoal das Universidades do SUG (*): GRATUITA

 

            (*) Serán beneficiarios de matrícula gratuíta o persoal docente e de administración e servicios, así como o seu cónxuxe e fillos, das Universidades do SUG . A gratuidade deberá acreditarse mediante certificación dos respectivos servicios de persoal  e por medio da Fotocopia do libro de familia.

 

- Persoas con discapacidade ≥ 33%, victimas actos terroristas ou victimas de violencia de xénero: GRATUITA.    Acreditarase mediante resolución administrativa.

 

Información sobre a ABAU e acceso a universidade: http://ciug.cesga.es

 

 

AdxuntoTamaño
impreso_matricula_abau_bach.pdf213.12 KB
impreso_taxas_abau-1.pdf138.33 KB