PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO MAIORES DE 20 ANOS. 2019

Probas libres para a obtención do Título de Bacharel  para maiores de 20 anos. 2019

Convocadas as probas libres para a obtención do Título de Bacharel para maiores de vinte anos no ano 2019. DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2019.

Toda a información na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.es

   e na páxina web da Consellería de Educación: www.edu.xunta.es

- O prazo de presentación de solicitudes para realizar estas probas será do 25 de febreiro ao 11 de marzo de 2019.

 Lugar para realizar a inscrición, na provincia de Lugo:


Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003, Lugo. Tfno: 982 828106


- As probas terán lugar o día 26 de abril de 2019 para o alumnado de toda Galicia no IES San Clemente de Santiago de Compostela en sesións de mañá e tarde.


A proba constará de dous exercicios:

 -Primeiro exercicio, de materias comúns

               Lingua galega e literatura/ Lingua castelá e literatura/ Lingua estranxeira/ Historia de España/ Filosofía.

-O segundo exercicio diferente para cada modalidade, versará sobre as materias de modalidade

  • Materia troncal xeral propia da modalidade elexida:

           - Matemáticas I e II na modalidade de Ciencias

           - Latín I e II na modalidade de Humanidades

           - Matemáticas aplicadas as Ciencias Sociais I e II na modalidade de Ciencias Sociais

                                                                    

  •   Duas materias  das troncais de opción da modalidade elixida.

 

Máis información e exames de anos anteriores no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238