PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2019

Pola Orde do 8 de xaneiro de 2019 (DOG 25 de xaneiro de 2019) convócanse probas de acceso a ciclos formativos para aquelas persoas que non posúan os requisitos académios  para acceder a un ciclo formativo.

Toda a información na web de FP: http://www.edu.xunta.es/fp/probas

Ligazón á aplicación informática para dar de alta unha solicitude: http://www.edu.xunta.es/fp/probas . Unha vez xerada a instancia, hai que imprimila e presentala nun centro que teña FP xunto coa documentación que se indique na instancia. En tanto non se efectúe este trámite, non estará feita a matrícula para as probas.

Tamén se pode cubrir o formulario normalizado en pantalla, imprimilo e presentalo nun centro de inscrición, acompañado da documentación necesaria. O formulario pode descargarse desde a páxina de FP ou desde a sede electrónica:

Inscrición proba acceso a Ciclo Medio: Sede electrónica. Procedemento ED312C

Inscrición proba acceso a Ciclo Superior: Sede electrónica. Procedemento ED312D

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  •  Ciclos formativos de grado medio: O prazo de presentación de solicitudes será do 7 - 22 de marzo
  • Ciclos formativos de grado superior: O prazo de presentación de solicitudes será do 28 de xaneiro - 8 de febreiro.