FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR NA ESO PARA O CURSO 2018/19

Fondo solidario libros de texto/axudas material escolar. 2018/19

(Orde do 9 de maio de 2018).  DOG do 21/05/2018.

Destinatarios:

1º.- Fondo solidario de libros de texto: alumnado que se matricule en calquera curso da ESO o vindeiro curso 2018/19. Renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €: 6 libros. Renda per cápita de  5.400 € a 9000 €: 4 libros. Rendas superiores a 9000 € terán dereito só si hai dispoñibilidade de libros no centro.

2º.-Axudas para a adquisición de material escolar: alumnado que se matricule en calquera curso de ESO con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€

 A renda per cápita calcúlase sumando os recadros 392 e 405 da declaración da renda do ano 2016 e o resultado dividilo entre o número de membros da unidade familiar.

Requisitos:

Devolver os libros de texto prestados polo centro para o curso 2017/18. A devolución debe facela o pai/nai/titor do alumno/a que firmou o préstamo dos libros de texto a principio do curso 2017/18

A data da devolución será: Para  1º e 2º ESO o 20 de xuño e para  3º e    ESO o 21 de xuño

Horario de entrega:  de 11:00 a 13:00 h. e de 17:00 a 19:00 h.

Lugar e prazo de presentación da solicitude: na secretaría do centro ata o 22 de xuño de 2018, en horario de 9:15 a 13:30 horas.

A solicitude será única para todos os fillos que estean matriculados na ESO no noso centro para o curso 2018/19. Poderá presentarse por dúas vías:

-          Por vía electrónica, a través da sede electrónica: Procedemento  ED330B  (premer aquí)

-          Presencialmente no centro: Para descargar o impreso premer no seguinte enlace: Anexo I e II  ou na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) .

 Tamén se poden  recoller os impresos na Conserxería do centro.

Documentos que  deben acompañar coa  solicitude:

CANDO AUTORICE TODAS AS CONSULTAS TELEMÁTICAS:

  •   Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a data 31/12/2016. Si non coincidira deberán presentar:

                   - Sentenza xudicial de separación/divorcio ou convenio regulador.
                   - Certificado de convivencia (na que consten todos os membros da unidade familiar a 31-12-2016)
                   - Informe dos servizos sociais
                  - Certificado de falecemento

CANDO NON AUTORICE NINGUNHA CONSULTA TELEMÁTICA:

  •     Identidade: copia do DNI ou NIE de todos os membros computables da unidade familiar
  •     Grao de discapacidade emitido polo órgano competente da condición de perceptor de pensión da Seguridade Social
  •     Renda Familiar: copia da declaración ou certificado tributario  do ano 2016
  •     Violencia de Xénero: Calquera das formas prevista no artigo 5 da lei 11/2007 de 27 de xullo
  •     Incapacidade Xudicial (A correspondente resolución)
  •     Tutela outorgada da Xunta de Galicia (Resolución xustificativa ou carta do centro de menores).