PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO. 2018

Probas libres para a obtención do Título de Bacharel 2018

Toda a información na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=534A&procedemento=ED534A

Convocadas as probas libres para a obtención do Título de Bacharel para maiores de vinte anos no ano 2018.

- O prazo de presentación de solicitudes para realizar estas probas será do 23 de febreiro ao 9 de marzo de 2018.

2. Lugares para realizar a inscrición, na provincia de Lugo:
Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003, Lugo. Tfno: 982 211751


- As probas terán lugar o día 20 de abril de 2018 para o alumnado de toda Galicia no IES San Clemente de Santiago de Compostela en sesións de mañá e tarde.


A proba constará de dous exercicios:

 -Primeiro exercicio, de materias comúns

               (Lingua galega e literatura/ Lingua castelá e literatura/ Lingua estranxeira/ Resto das materias comúns(Ciencias para o mundo contemporáneo,

               Filosofía e cidadanía, Historia da Filosofía e Historia de España)

 -O segundo exercicio diferente para cada modalidade, versará sobre as materias de modalidade

               Materias obrigatorias de modalidade: Matemáticas I e II na modalidade de Ciencias e Tecnoloxía

                                                                     Historia do mundo contemporáneo e Xeografía na modalidade de Humanidades e ciencias sociais

               Outras catro materias de modalidade elixidas

 

Máis información e exames de anos anteriores no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238