PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN SECUNDARIA. 2018

Probas libres para a obtención do Título de Graduado en ESO 2018

Toda a información na sede electrónica da Xunta:https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=540A&procedemento=ED540A

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos.

Os prazos de matrícula son:

-Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos incluídos

-Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos incluídos

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Na provincia de Lugo presentarase en :
– Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n.  27003 Lugo      Tfno: 982 21 17 51

 

Realización das probas:

O 25 de maio e o  7 de setembro de 2018

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde

Entre as 8.30 e as 9.00 horas iniciarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.

-A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da Educación Física.
-Na segunda parte, das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.
-Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de: Lingua galega e literatura ,Lingua Castelá e Literatura, Lingua estranxeira (inglés ou francés)

 

Existen materiais dispoñibles (temario) na páxina web da Consellería http://www.edu.xunta.es/web/node/3393

Exames de convocatorias anteriores: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238