MATRICULA ABAU PARA OS APROBADOS EN SETEMBRO 2017

CURSO 2016/17

 

Alumnos bacharelato

Recoller os impresos para matricularse, en Secretaría

            Os alumnos de 2º de bacharelato que aproben todas as materias en maio, antes de matricularse para a ABAU teñen que facer o depósito para o TÍTULO DE BACHARELATO.

             Documentación necesaria:

·    Fotocopia DNI

·    Recoller na secretaría do centro un impreso para pagar nunha entidade bancaria a seguinte cantidade:

Ordinaria: 49,82 euros

Familia Numerosa: 24,94 euros (TRAER FOTOCOPIA CARTILLA Fª Nª. actualizada).

--------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para matricularse os aprobados en setembro na ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso a Universidade):

 

Matrícula: Mércores 6 de setembro de 2017 (horario 9:30 a 13:30)

Lugar: Secretaría do centro.

Documentación necesaria:

·    Fotocopia DNI

·    Resgardo acreditativo de ter efectuado o depósito do título de bacharelato.

·         Cubrir un formulario que facilita o centro.

·       Impreso de prematrícula que lle será entregado por parte de secretaría para que o alumnado comprobe os seus datos persoais e académicos. Logo da súa comprobación, o alumno/a debe entregalo asinado xunto co resto da documentación no momento de matrícula na ABAU (comprobar tlfno. móbil e e-mail e comunicar os erros en secretaria)

·      Recoller na secretaría do centro un impreso para pagar nunha entidade bancaria a seguinte cantidade:

-       Matrícula ordinaria:   63,67 euros

-       Familia Numerosa 1ª - 2ª Categoría Xeral:  31,84 euros (Traer fotocopia da cartilla de  Fª Nª. actualizada)

-       Familia Numerosa Honra-Especial: GRATUITA

-   Persoal das Universidades do SUG (*): GRATUITA

            (*) Serán beneficiarios de matrícula gratuíta o persoal docente e de administración e servicios, así como o seu cónxuxe e fillos, das Universidades do SUG . A gratuidade deberá acreditarse mediante certificación dos respectivos servicios de persoal  e por medio da Fotocopia do libro de familia.

- Persoas con discapacidade ≥ 33%, victimas actos terroristas ou victimas de violencia de xénero: GRATUITA

Acreditarase mediante resolución administrativa.

 

Información sobre a ABAU e acceso a universidade: http://ciug.cesga.es