VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

A biblioteca solicitou a participación no programa "Bibliotecas escolares solidarias" na modalidade de "Voluntariado na biblioteca" para o curso 16-17. Xa temos ao noso equipo de alumnado voluntario, formado por 5 alumnos/as de 4º ESO, que colaborarán na organización dos servizos da biblioteca.

 

 

 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Día do libro 2016

O IES Monte Castelo celebrou o Día do libro o venres 22 de abril cunha lectura silenciosa xuntos na que participa todo o centro. O alumnado trouxo da casa o libro que lle gusta para ler cos seus compañeiros no exterior do centro acompañados polo profesor.

Durante a lectura o alumnado de artes realizou fotografías da actividade co que fixeron unha serie de murais que se poden ver a continuación.