Plan Proxecta: MeteoEscolas

* Creamos un blog para colgar todas as actividades que se irán levando a cabo dentro do programa METEOESCOLAS: http://meteoburela.blogspot.com.es/

 

O centro participa no Plan Proxecta 2013/2014 no programa MeteoEscolas (Coñecendo o noso clima e a calidade do aire) sobre o clima e a calidade da auga de chuvia, xa que dispoñemos dunha garita meteorolóxica que forma parte da rede de estación da AEMET (temperatura, precipitacións e humidade) Este programa vai dirixido a alumnado de 1º de ESO, 1º e 2º de bacharelato e 1º CS Saúde Ambiental. A profesora coordinadora é Carmen Gandoy López.

                            

Martes 27/05/2014. Os alumnos do Ciclo de Saúde Ambiental visitan as instalacións de Meteogalicia, dentro do programa MeteoEscolas, co fin de dar a coñecer ós cidadáns, en xeral, e aos alumnos en particular, o funcionamento deste organismo.

A noticia recollida en Crónica 3: http://www.cronica3.com/2014/05/alumnos-do-ies-monte-castelo-de-burela-coneceron-de-primeira-man-o-funcionamento-de-meteogalicia/

   
   

 

Luns 2/12/2013- A exposición de MeteoGalicia chamada "Expo-Meteoro" está exposta na entrada do instituto e permanecerá no centro ata o venres 20 de decembro.

Pódense ver os contidos dos paneis nos seguintes enlaces:

-Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"

-Os paneis que configuran a exposición

-Páxina xenérica da exposición Expo-Meteoro