Escola Oficial de Idiomas de Viveiro

 

MATRÍCULA PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE IDIOMAS 2015-16

 

-Prazo de matrícula: Do 29 de marzo ao 14 de abril de 2016

 A matrícula realizarase en liña dende o enderezo seguinte: https://www.informaticacentros.com/xunta/  (A aplicación web de matrícula estará operativa ata s 12:00 do mediodía do 14 de abril de 2016). Pódese escoller entre EOI de Viveiro (facer os exames en Viveiro) ou Sección Burela (examinarse en Burela).

A matrícula feita en liña non terá validez ata que o alumnado a formalice na secretaría da escola oficial de idiomas de Viveiro ou na secretaría da sección de Burela.

 

o  Os alumnos menores de 16 anos a 31 de decembro de 2016 entregarán unha certificación do IES correspondente no que conste a primeira lingua estranxeira cursada no presente curso escolar

o O alumnado matriculado en CUALE 2015-16 terá carácter de alumnado oficial a efectos do número de convocatorias (xuño e setembro, manténdose as partes aprobadas en xuño para setembro) e NON terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación.

 

 A documentación que deben presentar na secretaría da EOI de Viveiro ou na secretaría da Sección de Burela é a seguinte:

  *Se xa é alumno da escola de idiomas de Viveiro/Burela:

o   Impreso de matrícula xerado pola aplicación informática

o   Resgardo de aboamento dos prezos públicos (Matrícula por idioma 46 €)

Descontos por familia numerosa, minusvalía, violencia de xénero e persoal docente da Consellería de Educación

NON ESTÁ PERMITIDO O PAGO FRACCIONADO

 

Ø             * Se nunca foi alumno da escola de idiomas- Alumnado de novo acceso:

o   Impreso de matrícula xerado pola aplicación informática

o  Resgardo de aboamento dos prezos públicos (Matrícula por idioma 46 euros máis 22 € de apertura de expediente se é de novo acceso=68 €) 

Descontos por familia numerosa, minusvalía, violencia de xénero e persoal docente

NON ESTÁ PERMITIDO O PAGO FRACCIONADO

o   Fotocopia do DNI ou NIE

o   2 fotos tamaño carné con nome escrito por detrás

§  Se o alumno estivo matriculado noutra EOI que non sexa a de Viveiro deberá entregar a certificación académica da outra escola.

 

 **PAGAMENTO DAS TAXAS

Hai 2 opcións:

  • Presencial: Recoller o impreso de pago na secretaría da EOI ou Sección, efectuar o pago na entidade bancaria.
  • Por Internet:

          1-Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia nesta ligazón

(https://host.cixtec.es/EntradaOficinaVirtual/OV/ga/OV_Tributaria.htm) e siga a ruta: Servizos de acceso libre> Taxas, prezos, multas e sancións> Pagamento telemático de taxas e prezos> Iniciar

          2- Consigne os seus datos persoais e os códigos de tramitación* e dea a orde de pago.

          3- Para que este trámite teña validez, a aplicación deberalle xerar un xustificante de pago (modelo 730), no que conste un código seguro de verificación (CSV), composto de 16 carácteres alfanuméricos.

          4- Presente unha copia deste modelo na secretaría do centro xunto coa demáis documentación de matrícula. Posteriormente, a secretaría do centro contrastará os datos do pagamento a través da  Consellería de Economía e Facenda.


* CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN

Centro Académico: Escola Oficial de Idiomas

07

Delegación de Lugo

20

Servizo: Ensino Medio

03

Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas

350800

 

 

 

**Os exames de certificación do idioma INGLÉS  nivel A2, B1 e B2 (alumnos de CUALE incluidos) serán na sección de Burela, o resto dos idiomas e niveis serán na escola oficial de Viveiro:

Datas das probas de certificación en xuño 2016:

INGLÉS A2- Nivel Básico…………………………………….……. 17 de xuño ás 16 horas (En Burela)

INGLÉS B1- Nivel Intermedio …..……………………………… 14 de xuño ás 16 horas (En Burela)

INGLÉS B2- Nivel Avanzado................................. 7 de xuño ás 16 horas (En Burela)

FRANCÉS A2- Nivel Básico................................1 de xuño ás 16 horas (Na EOI de Viveiro)

 As probas de expresión oral serán fixadas por cada EOI.

 
 A Circular 1/2016 que se adxunta ao final deste documento e neste enlace

 Información na EOI de VIVEIRO http://www.edu.xunta.gal/centros/eoideviveiro/ ou no teléfono da EOI 982 55 17 45

 

 

Curso 2015-16: Acceso - Preinscrición - Matrícula

 

Para acceder a estas ensinanzas será requisito imprescindible ter dezaseis anos cumpridos no ano natural en que se comecen os estudos.

Poderán acceder así mesmo aquelas persoas que teñan cumpridos catorce anos, ou que os cumpran antes do 31 de decembro de 2015, para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na educación secundaria obrigatoria como primeira lingua estranxeira.

  • Prazos de preinscrición: 

Todo o alumnado de novo acceso deberá realizar unha preinscrición en liña a través da aplicación informática: https://www.eoidigital.com/preinsxunta

  - Para os cursos de 1º de nivel básico: dende o 26 de xuño ata o 9 de xullo de 2015.

- Lista de admitidos en 1º de nivel básico: 10 de xullo ás 23 horas (Confirmar a reserva de praza on-line e matricularse)

  - Para os demáis cursos: dende o 26 de xuño ata o 14 de setembro.

- Lista de admitidos dos demáis cursos: 15 de setembro ás 23 horas (Confirmar a reserva de praza on-line e matricularse)

 

  • Prazos de matrícula:

 - Matrícula ordinaria:

A través da aplicación: https://www.informaticacentros.com/xunta

 

1.    Alumnado aprobado en xuño de 2015:Do 29 de xuño ao 10 de xullo; ou ben do 1 ao 7 de setembro.

2.    Alumnado de novo acceso de 1º de nivel básico que obtivera praza na preinscrición de xuño confirmar a matrícula: Do 13 ao 17 de xullo de 2015.

 

- Matrícula extraordinaria:

1.    Alumnado oficial aprobado en setembro: Do 8 ao 15 de setembro.

2.    Alumnado de novo acceso (preinscrito) que obtivo praza na adxudicación de setembro: do 16 ao 24 de setembro

3.  As prazas vacantes despois do proceso de matrícula readxudicaranse entre o alumnado preinscrito. O 25 de setembro ás 23 horas poderán consultar a aplicación web se foron admitidos e confirmar a súa matrícula ata o 30 de setembro ás 12 horas.

4.    Se despois disto quedaran prazas libres: Do 1 ao 15 de outubro consultar coa EOI de Viveiro  para poder matricularse.

 

 DOCUMENTACIÓN:

          - 2 copias do resgardo  de matrícula que emite a aplicación en liña

          - Resgardo de pago de taxas ( 13 € servizos xerais // 92 € por idioma= Total 105 € )

            Ademáis 22€ apertura expediente se é de novo acceso. Total 127 €

Se é de novo acceso (se matricula por 1ª vez na Escola Oficial de Idiomas) presenta ademáis:

 -Fotocopia DNI                                      - 2 fotos tamaño carné

- Alumnos que veñan doutra escola de idiomas, certificación académica de dita escola.

- Titulación que da acceso ao nivel no que se matricula.

 

Toda a información na Circular 4/2015 pola que se ditan instruccións para a preinscrición, admisión e matrícula nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2015-16 (ver o arquivo adxunto ao final deste documento)

 

 

 

MATRÍCULA PROBAS DE CLASIFICACIÓN (PROBAS DE NIVEL)

Prazo de inscrición: Do 15 ao 29 de maio de 2015

Documentación necesaria:

-Impreso de matrícula

-Fotocopia do DNI

-Resgardo do aboamento de 17€ dos prezos públicos

 

Máis información na web da EOI de Viveiro: http://www.edu.xunta.gal/centros/eoideviveiro/

 

 

 

 

** OFERTA EDUCATIVA  DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS NA SECCIÓN DE BURELA PARA O CURSO 2014-15

Este ano ampliamos a oferta educativa e incorporase dous cursos de Nivel Avanzado 1 de inglés.

Curso 2014-15: Básico 1 e 2, Intermedio 1 e 2, Avanzado 1 de inglés

 

 

Información na EOI de VIVEIRO http://www.edu.xunta.gal/centros/eoideviveiro/  ou no teléfono da EOI: 982 55 17 45

 

 

FACEBOOK Sección EOI Burela

 

A Escola de Idiomas de Viveiro organiza unha  xornada de portas abertas para dar a coñecer os idiomas que se imparten na escola. Será en Burela o 22 de abril.

 

A Sección da escola de idiomas de Burela celebrou o Nadal cunha festa gastronómica con doces navideños e cantando panxoliñas en inglés.

   

 

 

 

Podes consultar a páxina web da EOI Viveiro

A Sección de Burela ten páxina facebook: https://www.facebook.com/Seccion EOI Burela

 

Profesora: Mª Jesús Castro Dopacio

AdxuntoTamaño
Circular_4-2015_acceso_EOI_2015.pdf2.94 MB
Circular certificación EOI-2016.pdf5.34 MB