Skip to Content

HISTÓRICO, CURSO 2016-17, CURSO 2015-16, CURSO 2014-15, CURSO 2013-14, CURSO 2012-13, CURSO 2011-12

Alumnado de 1º ESO visitará Bens

04/06/2010 00:20
04/06/2010 11:20

Alumnos de 1º ESO acompañados polos profesores Teresa Giménez e Xosé M. Tato visitarán o parque de Bens. Esta actividade está organizada polo Departamento de Ciencias.

 

puesta de sol en parque de bens.a coruña.

Aprender a reciclar

10/05/2010 00:38
10/05/2010 23:38

Entre os días 7 e 10 de maio estanse a realizar unhas actividades de reciclado promovidas polo Concello de A Coruña. Nelas, os estudantes de  1º ESO foron informados sobre o sistema de reciclado da cidade, fixeron un xogo de rol e o luns visitarán o Parque de Bens.

Ensaio da OSG

26/03/2010 10:10
26/03/2010 12:30

Alumnos de 2º ESO B acompañados polos seus profesores de música, asistirán ao ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia; a obra que van ensaiar é "O mandarín marabilloso" do compositor húngaro Bela Bartok.

Visita ao porto

26/03/2010 10:10
26/03/2010 12:30

Alumnos de 3º ESO A e B visitarán o porto de A Coruña acompañados polos seus profesores.

Visita á exposición "Atapuerca e a evolución humana"

25/03/2010 10:30
25/03/2010 13:30

Alumnos de 1º Bach A, B, C, D farán unha visita á exposición acompañados polos profesores Pedro Feal, Eva Vales, Juan Fernández e Tere Giménez.

  • 10:30/12:30 :  1º Bach A e C
  • 11:30/13:30 :  1º Bach B e D

Ensaio da OSG

05/03/2010 10:10
05/03/2010 12:30

Alumnos de 3º ESO asistiron a un ensaio da OSG; estiveron acompañados polos profesores Santiago Daviña e Margarita Béjar.

Día internacional da muller

08/03/2010 08:30
08/03/2010 14:10

Lecturas de textos e diversos actos para conmemorar o Día da muller traballadora.

Charla informativa sobre enxeñerías en Lyon

12/03/2010 12:10
12/03/2010 14:00

Este venres 12 de marzo terá lugar na sala Xurxo Lobato do IES Monelos, unha charla infromativa sobre o estudo de enxeñerías en Lyon (Francia). As familias que queirades asistir estades invitadas.

TEATRO CLÁSICO EN LUGO

09/03/2010 08:30
09/03/2010 20:00

Os alumnos de Latín, Grego, Cultura Clásica e Literatura Universal viaxarán a Lugo onde realizarán algunhas visitas culturais e asistirán a unha representación de As Troianas de Eurípides.

CONCURSO ODISEA 2010

10/02/2010 16:30
10/02/2010 19:30

Dous equipos do IES Monelos participarán no desempate do Concurso de Cultura Clásica ODISEA 2010, organizado pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos, que terá lugar no IES Elviña de 16.30 a 19.30.

Distribuir contido


by Dr. Radut