Skip to Content

HISTÓRICO, CURSO 2016-17, CURSO 2015-16, CURSO 2014-15, CURSO 2013-14, CURSO 2012-13, CURSO 2011-12

Percorrido en bici: dende o IES Monelos á praza de María Pita

Alumnado de 1º e 2º de ESO, profesores, padres e a inestimable axuda da policía local.

Visita á exposición de Lugrís "Paredes soñadas"

Visitou a exposición o alumnado de 4º A de Historia e o alumnado de 4º B de Plástica.

TORNEO DE BADMINTON

O luns 27 celebrouse a fase final do torneo de badminton. Resultaron gañadores os alumnos Óscar Fernández e Daniel Fernández.

Visita a Santiago de Compostela

Os alumnos de Historia da Arte de segundo de bacharelato, estiveron en Santiago de Compostela visitando a Catedral (tribuna, museo e palacio de Xelmírez) e arredores, en San Martiño Pinario, Santo Domingos de Bonaval e tamén no Centro Galego de Arte Contemporánea, vendo a exposición Discursos críticos na Arte española, 1975-1995.

Visita ao Centro Oceanográfico A Coruña (Instituto Español de Oceanografía)

Os alumnos de primeiro de bacharelato da materia de Bioloxía, fixeron unha visita o pasado venres ao Instituto Oceanográfico. O Centro está dotado con moderno material oceanográfico e especiais instalacións para o cultivo de moluscos a escala experimental. 

TRABALLO DE AERÓBIC REALIZADO POLOS ALUMNOS DE 1º BACHARELATO

Traballo de aeróbic dos alumnos de primeiro de bacharelato B-C-D.

Entroido 2017

O pasado venres celebrouse o entroido 2017. Aquí tedes algunhas fotos da festa. Se queredes ver máis, na ligazón de Twitter 

Visita á planta de tratamento de residuos domésticos no concello de Nostián

O modelo de xestión de residuos domésticos implantado polo concello da Coruña e o Consorcio das Mariñas, do que forman parte o concello da Coruña e 8 concellos da área metropolitana da Coruña (Abegondo, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Bergondo e Oleiros), ten como destino dos residuos domésticos xerados a Planta de tratamento de residuos da Coruña situada no concello de Nostián (A Coruña). Os nosos alumnos de 1º de ESO fixeron hai uns días unha visita ás devanditas instalacións.

Día escolar da non violencia e da paz

O día 30, celebrouse o Día escolar da non violencia e da paz, cunha charla na que participaron membros das ONG Amnistía Internacional e a Cruz Vermella, e a presidenta da Asociación Antonio Noche.

Charla da escritora Ana Alcolea

A escritora Ana Alcolea, premio Cervantes Chico 2016, deu unha charla ao alumnado de 4º de ESO e do Club de Lectura.

Distribuir contido


by Dr. Radut