Skip to Content

Programa TEI Curso 22-23

Este é o 2º ano de implantación do programa TEI. Foi un ano de moito traballo pero tamén de moitas satisfaccións. Participaron 60 alumnos de 1º ESO e 75 alumnos de 3º ESO.

A continuación fotos do día da presentación de cada un dos grupos de 1º ESO e reseñas das actividades de cohesión levadas a cabo.

Ver

Visita ao MUNCYT

O alumnado de 1º e 3º ESO que participan no porgrama de Titoría Entre Iguais realizaron unha actividade de cohesión. Este tipo de actividades están pensadas para afianzar o coñecemento entre as parellas e afondar na relación entre titor e titorizado.

Compartiron bus e unha vez alí realizaron dúas actividades que consistiron nun taller de química e a  outra nunha visita guiada ao museo deténdose nas pezas máis representativas.

A valoración final foi totalmente positiva.

Ver

Frases Motivadoras

Outra das actividades de cohesión desenvolvidas no 2º trimestre foi un concurso de frases no que cada parella presentou 3 frases con intención de que figuraran nos corredores do centro durante o 3º trimestre.

O resultado final despois de duas sesión de traballo foron as seguintes frases seleccinadas

 

  • Moitas persoas sofren en silencio
  • Se alguén non ri non é unha broma
  • Ponte nos zapatos do outro ainda que non señan o teu número 
  • Non es un chivato se libras alguén de pasar un mal rato 
  • Un alcume é coma unha pegatina, non se pode quitar
  • Pumba y Timon ya lo sabían: vive y deja vivir.
  • Se discriminas a alguén te discriminas a ti.
  • Cando estou só gústame que me apoien
  • Se alguén é acosado non mires a outro lado



page | by Dr. Radut