Actividades realizadas ata a data

MASTERCLASS

 

Un ano máis o departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi), organizou unha xornada ou “Masterclass” de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de bacharelato. A xornada, denominada “Física de Partículas coas mans”, celebrada o venres 6 de abril, comezou ás 9:30 cun acton de benvida, para continuar con dúas conferencias: "Introdución á Física de Partículas", impartida por Diego Martínez Santos, e  "Aceleradores e Detectores" a cargo de Xabier Cid Vidal. Dende media mañá até logo do xantar colectivo, os máis de 80 participantes, entre os que estaba o noso alumnado de Física de 2º de Bacharelato, participaron dunha práctica por ordenador que simulaba uns 100 eventos resultantes das colisións entre dous protóns no acelerador de partículas LHC, nos que o alumnado debería identificar os bosóns W, Z ou de Higgs resultantes, segundo as trazas das partículas resultantes da súa desintegración nun dos catro detectores principais (CMS), cuxos resultados foron discutidos mediante videoconferencia con outros centros internacionais que organizaron simultaneamente unha xornada idéntica, baixo a coordinación do Fermilab nos EEUU." 

 

HÍPICA EN FRANCÉS

 

O martes 20 de marzo, alumnado de francés de 3º, 4º e Bacharelato asistiu a unha sesión na Hípica en As Pontes onde varias estudiantes de Hípica francesas explicaron en francés o manexo e o coidado do cabalo, así como os preparativos e exercicios sobre como montar. O alumnado puido tamén realizar preguntas en francés e simular unha conversa na hípica. Foi moi enriquecedor, sobre todo no momento no montaron un cabalo!

 

CLUB DE LECTURA DO MONCHO VALCARCE

 

"Outros bocadillos para o teu recreo"

 

 

CLASE LÚDICA DE INGLÉS

 

O pasado luns 13 de abril, estivo no noso instituto Luke que é de Liverpool; a editorial Burlinghton Books, ofreceunos a posibilidade de que Luke lles impartira ó noso alumnado de 1º ESO, unha clase na que lles ensinou diversos aspectos da cultura británica dun xeito lúdico e totalmente interactivo, xa que utilizou xogos e concursos para conseguir que os rapaces e rapazas se implicaran totalmente e dun xeito activo e divertido nesta actividade ó mesmo tempo que adquirían novos coñecementos sobre Gran Bretaña e as súas costumes.


                                               UNHA ACTIVIDADE PARA REPETIR!!!

 

Distribuir contido