LUDI COMPOSTELLANI

 

No día de onte, 22 de xaneiro, as alumnas de 1º e 2º de bacharelato acudiron a unha saída escolar á cidade de Santiago de Compostela para realizar unhas actividades relacionadas coas lingua clásicas "LUDI COMPOSTELLANI".

En primeiro lugar viron unha recreación histórica do funcionamento das LEGIONES ROMANAE, onde lles ensinaron as técnicas do combate, os rangos militares, o equipamento que levaban, os quilómetros que facían. Despois tiveron a oportunidade  de asistir a un obradoiro de danza grega onde practicaron algunhas das danzas rituais da Grecia Clásica.