VIAXE CULTURAL A SANTIAGO

 

 

O Pasado mércores 20 de xuño o alumnado que participou ao longo do curso nos obradoiros de EDLG, realizou unha viaxe cultural a Santiago, onde tiveron oportunidade de coñecer o orixe da Universidade de Santiago con visita guiada a Fonseca e o Rectorado, despois visitaron o Museo do Pobo Galego, onde percorreron as distintas salas cun xogo de pistas para buscar determinadas cousas e por último a Catedral.

Resultou unha viaxe moi instrutiva e amena!!!