CHARLA UNHA VIAXE ESPACIAL

 

 

O Luns 4 de Xuño o alumnado de 1º da Eso tivo unha charla sobre o universo . O coordinador de Astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Paulino Gasalla impartiu a conferencia. A proposta foi sair da Terra nunha hipotética nave espacial que nos permita percorrer o Sistema solar, a Vía Láctea, o Grupo Local de Galaxias e o Espazo Profundo ata os confíns do Universo coñecido, onde atopomos planetas, satélites, cometas, cúmulos abertos , nebulosas, supernovas.... Foi unha viaxe estupenda e aprendemos un montón de cousas.