SAÍDA DO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA

 

"Outros bocadillos para os teu recreo", este é o nome do Club de lectura deste curso 2017/2018 que xa está a finalizar a súa andaina anual. Esta é a razón pola que visitamos unha librería especializada en cómics "Metrópolis cómics" en A Coruña. O dono da tenda, Manuel Rodríguez, preparou un obradoiro de creación de personaxes e outro de elaboración de guións para o alumnado visitante.

O resultado publicarase na revista "El Buk de Monchín", así como tamén a entrevista que @s nos@s ávid@s lectores de cómic fixeron a Manuel, a quen agrdecemos a súa amabilidade e a súa atención.