ENTROIDO 2018

 

Venres, 9 de febreiro de 2018, celebraremos o Entroido. 

As catro primeiras sesións temos clase normal. Ás 12:00h o recreo e teremos unha degustación de chocolate con churros (Cortesía da ANPA) e de freixós (Cortesía do Concello).

A continuación, no polideportivo, poderemos ver as distintas  actuacións e bailes. Se queredes ver o programa premede na imaxe.