VISITA AO SAI (A CORUÑA)

 

"Os alumnos e alumnas de 2º do CS de Laboratorio de Análise e Control de Calidade visitaron, o pasado xoves 18 de xaneiro, as instalacións do SAI, Servizo de Apoio á Investigación da Universidade da Coruña. Alí viron como traballaban as unidades de Bioloxía Molecular, Técnicas Cromatográficas, Espectrometría de Plasma-Masas e Espectroscopía Molecular. Así puideron comprobar a aplicación de técnicas levadas á práctica diariamente no centro de ensino e outras que, por imposibilidade de instalacións e medios non se realizan en clase, como a PCR en tempo real, a Cromatografía Líquida de Alta Eficacia, a Resonancia Magnético Nuclear, etc., así como a hibridación de técnicas como por exemplo a Ablación por Láser encaixada á Espectrometría de Masas, entre outras."