VISITA CULTURAL A MONDOÑEDO

 

PREME NA IMAXE

O alumnado de 2º e 3º da ESO que participa no departamento de Dinamización Lingüística realizamos o pasado xoves, 21 de maio, unha viaxe cultural á Vila de Mondoñedo. Visitaron a Catedral, onde nos explicaron os usos, ademais do relixioso, que tiñan estes templos na Idade Media; a Ponte do Pasatempo, onde os cregos entretiveran á muller de Pardo de Cela que traía a salvoconduto para o seu home, mentres este era axustizado na Praza Maior da Vila, rematando coa resistencia dos nobres galegos aos Reis Católicos. Fixemos tamén a Ruta Literaria de Alvaro Cunqueiro , rematando a visita no Cemiterio Vello, onde está soterrado este e tamén Leiras Pulpeiro, que ten na cabeceira da sepultura  "roseira de rosas roxas", lembranza do poema deste autor, que ten ese mesmo título e que foi musicado, entre outros, por César Morán.