A CÁPSULA DO TEMPO

 

"A cápsula do tempo" 

Elisa, alumna en prácticas no departamento de francés, ideou esta orixinal actividade e levouna á práctica co alumnado de 3º e 4º da ESO.

O nome "Cápsula do tempo" débese a que o alumnado terá que escribir unha carta dirixida ao "eu futuro" cando remate os seus estudos no instituto.

O obxectivo da devandita actividade é practicar os verbos en futuro (parte do temario destes cursos) dun xeito lúdico e moi motivador. Coa axuda do dicionario e da propia Elisa escribiron libremente sobre o seu futuro e o que cren que pode pasar durante este tempo.

Ao rematar a sesión, cada curso deposita as súas cartas nas caixas que serán custodiadas pola dirección do centro e serán recuperadas cando rematen os seus estudos.