XORNADA ORIENTACIÓN: "ENXEÑERÍA INDUSTRIAL DE VIGO"

 

Hoxe, 12 de xaneiro, temos unha xornada de orientación no noso centro.

Dirixida ao alumnado de 1º e 2º  BAC ,de ciencias.

O obxectivo é acercar a EEI aos asistentes realizando actividades científicas (cámara termográfica, drones, etc...).

Tamén impartirán unha charla tanto ao alumnado coma ao profesorado, onde se falará sobre: enxeñería e ciencia, A Enxeñería Industrial, Oferta formativa da EEI.

Así mesmo, pola tarde de 20:00 a 21:30h en Casa Dopeso, impartirán unha charla aberta a todo o público interesado sobre Acceso á Universidade, o Plan Bolonia e a Enxeñería Industrial.