CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DO SAMAÍN

 

 

 

O pasado xoves, día 30, celebramos o "Magosto e o Samaín" . Ao longo da semana,  a entrada do instituto foi cambiando de aspecto: o rincón de dinamización da nosa lingua encheuse de adiviñas e poemas relacionados co magosto, unha  exposición de froitos de outono, un mural con láminas explicativas da historia do samaín, unha pequena mostra de cabazas,..., pero isto non foi todo. A sorpresa estaba por chegar pois o xoves tivemos  un pase polo túnel do medo, ubicado no salón de actos. Alí, vivenciamos  o samaín:pasamos por unha zona de sepulturas, esqueletos, un bosque encantado con árbores fosforescentes, a Santa Compaña  e incluso un cadáver.

Para rematar, por deferencia da ANPA, degustación de castañas!!!!