O alumnado do Ciclo na Unidade de Xestión de Residuos da USC

Na mañá do xoves 13 de febreiro o alumnado do Ciclo de Laboratorio de Análise e Control de Calidade desprazouse á Unidade de Xestión de Residuos da Universidade de Santiago de Compostela. Os 10 estudantes estaban acompañados do profesor Quico da Silva.

Na actividade os estudantes aprenderon como se trasladan, clasifican, etiquetan e almacenan os residuos que produce a universidade. Así mesmo, observaron os distintos tratamentos que reciben os residuos segundo a súa tipoloxía. Hai que ter en conta que a UXR encárgase do tratamento dos residuos que produce a universidade, nomeadamente daqueles máis perigosos e contaminantes que proceden das investigacións médicas ou químicas que realizan os científicos asociados á universidade.

A UXR opera, xa que logo, no mesmo sector que moitas empresas da contorna das Pontes que adoitan empregar a alumnado do noso ciclo, como Sogarisa.