1º da ESO na Fundación Sotavento

O alumnado de 1º de ESO visitou o día 22 de xaneiro a Fundación Sotavento Galicia, en Xermade.

Acompañáronos os profesores Paco Dávila e Mariluz Corral. Segundo nos informa Mariluz os rapaces realizaron entre outras as seguintes actividades:

  • Coñeceron o funcionamento dun parque eólico, os tipos de aeroxeradores e compoñentes dos mesmos.
  • Mostráronselles distintas prácticas relacionadas co aforro enerxético e o consumo responsable.
  • Recibiron explicacións do funcionamento dun panel solar térmico e dun panel solar fotovoltaico.
  • Gozaron da visita á Vivenda Bioclimática, comprendendo a relación entre arquitectura bioclimática e aforro enerxético.
  • Tratouse de concienciar aos alumnos para reducir o consumo dos combustibles fósiles e usar enerxías alternativas para asi evitar os problemas de contaminación ambiental.

Xa son expertos en enerxía eólica!