Le bourgeois gentilhomme

O 3 de decembro, o alumnado de Francés asistiu á representación da obra Le bourgeois gentilhomme, a cargo da compañía La Bohème, no Cine Alovi.

Le bourgeois gentilhomme foi escrita por Molière no século XVII. Nesta obra, que se representou no idioma orixinal nunha versión adaptada, un burgués moi rico pero tamén moi parvo, trata de aprender a comportarse como un nobre.

 

Á representación acudiron tamén alumnas/os de Francés do outros institutos ponteses, o Castro da Uz e o Monte Caxado. Velaí a foto de familia.