Actividades extraescolares da última semana de novembro: Visita a Lugo e Cross Escolar

O luns 25 de novembro, nunha visita organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o alumnado de 1º e 2º da ESO desprazouse ao Museo Provincial de Lugo para participar na actividade Rutas literarias polo Museo para traballaren sobre o libro Contos no museo. Ademais, visitaron as instalacións do xornal El Progreso, tal e como refire a noticia do xornal que vedes embaixo.

 

Ese mesmo alumnado participou o mércores 27 no Cross Escolar organizado polas ANPAS do Concello, o club de atletismo Olympus e a Concellaría de Deportes. Na carreira, que se disputou na Fraga cun percorrido de algo máis dun quilómetro, competían rapazas e rapaces dos centros escolares das Pontes. Os mellores resultados individuais foron para Agustín Villalobos, que gañou a carreira de infantís de segundo ano, e para José María Franco, que quedou terceiro na de infantil de primeiro ano.