Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O luns 25 e o martes 26 de novembro celebramos no centro o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Para o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato houbo obradoiros impartidos por Maca Rego, dos Servizos Sociais do Concello das Pontes, acerca do amor romántico. Nos obradoiros falouse das diversas maneiras en que as persoas afrontan as relacións amorosas (os ciumentos, os entregados...) e como cada unha delas pode derivar en situacións de violencia de xénero.

Amais, o alumnado do centro realizou unha pequena exposición sobre cuestións relacionadas coa violencia de xénero e a situación social da muller: carteis e textos contra a discriminación da muller, unha escolma de pintura do século XIX que ilustra a situación da muller naquel tempo...