Máis tapóns para a Fundación Seur

Xa hai tempo que no centro realizamos campañas de reciclaxe solidaria. Para iso dispoñemos na entrada do instituto un punto de recollida de pilas, cedés, cartuchos de impresora, móbiles e tapóns de envases de plástico.De cando en cando tamén recollemos roupa usada, na última ocasión entregamos varias ducias de bolsas de roupa usada á ONG Global Humanitaria.

Calquera pode achegarnos estes residuos para que nos os distribuamos entre as entidades oportunas. En especial, estamos moi contentos de como está a funcionar a campaña de recollida de tapóns, que entregamos á Fundación Seur. Xuntamos cada mes preto de dez quilos de tapóns. Con moitas contribucións como a nosa axudaremos a mellorar a vida de moitas persoas.

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!