Skip to Content

Conmemoración 25N

O alumnado do IES Miraflores participou en diversas actividades contra a violencia sexista para conmemorar o 25 de novembro.

a) Concurso 
Aldara Pérez, alumna de 2º ESO D, participou co deseño dun cartel no concurso de imaxes gráficas contra a violencia de xénero convocado pola Xunta de Galicia. A súa proposta ecléctica transmite diversas mensaxes co obxectivo de concienciar á sociedade e á comunidade educativa. O centro agradeceu a súa participación co agasallo de dous contos cuxa temática está relacionada coa igualdade e co 25N. Os títulos regalados, e que dende o centro animamos a que toda a comunidade lea, son: Solo mía de Raquel Díaz Reguera e As mulleres que cultivaban néboas de Bea Gregores.

b) Contribución ao 25N

O alumnado de 1º ESO do centro participou nunha campaña iniciada dende a materia de Lingua castelá e Literatura para contribuír á loita do 25N. A actividade consistiu en que os estudantes realizasen unha fotografía da palma da súa man en posición de "stop" e que engadiran unha mensaxe concienciadora sobre ela. Tras isto, elaboráronse varios murais con todas as fotografías que se distribuíron por distintos espazos do centro.

 

c) Portas 1º ESO

Os estudantes de 1º ESO tamén participaron noutra iniciativa relativa á loita contra a violencia de xénero. Nesta ocasión, imprimíronse en cor lila as letras que compoñen a mensaxe "NON" e o símbolo feminino. Sobre estes elementos, os participantes escribiron titulares do ano 2022 relacionados ca temática. O resultado serviu para reflexionar sobre a enorme cantidade de casos de violencia que se seguen producindo na actualidade.

 

d) O Departamento de Debuxo, con varios grupos elaborou unha serie de carteis e unha gran banda na que se recollían diversas mensaxes

 

 

 



page | by Dr. Radut