Secretaría |
|
|||
Publicada a listaxe provisional de alumnado: admisión para o curso 2022/2023. A consulta pode facerse no taboleiro do centro. |
|||
|
|||||||||||||||||||||||||
No taboeiro da Secretaría do instituto xa se pode consultar a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Reserva curso 2022/2023. 1º ESO. |
|||
O enlace permite acceder a un breve documento onde se aclaran as simboloxías de cores utilizadas na aplicación ABALARMÓBIL. |
|||
|
|||
|
|||
Listaxes correspondentes ao disposto no artigo 14.1 da Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 28/03/2016).
|
|||
|
|||
Recordamos que o xoves 5 de maio, festivo local, e o venres 6 de maio, día non lectivo aprobado polo Consello Escolar, non teremos clase. |
|||
A folga de estudantes convocada para esta semana desenvolverase nunha única xornada o mércores 13 de abril. |
|||
Comunícase que resultaron admitidas todas as solicitudes de Reserva do centro adscrito (CEP Ventín); igualmente, todas as solicitudes de Admisión realizadas, coa única excepción dunha delas feita para 2º de bacharelato de Ciencias (por, de momento, falta de prazas vacantes). As listaxes completas están a disposición no taboleiro de entrada do centro.
|
|||
|
|||
- Día 9 de xullo: publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e exposición das mesmas no interior do centro. As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica de Moeda e Timbre. - Período de alegacións: 12 e 13 de xullo, exclusivamente. *IMPORTANTE: o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria extraordinaria de setembro ten que entregar os libros prestados o día 6 de setembro ao seu titor ou titora. - Publicación das listaxes definitivas: 15 de setembro |
|||
|
|||
INICIO DO CURSO 2021/2022INFORMACIÓN SOBRE O COMEZO DO CURSO 2021/2022
SETEMBRO: DATAS DE EXAMES, ENTREGA DE NOTAS, REVISIÓNS E CALIFICACIÓNS E MATRÍCULA EXTRAORDINARIA DOCUMENTOS PARA A MATRÍCULA CURSO 21/22 RECLAMACIÓNS CONTRA AS CUALIFICACIÓNS FINAIS
2º DE BACHARELATO INFORMACIÓN XERAL. PRAZOS E PROCEDEMENTOS (ACTUALIZADO) NERTA: INSTRUCIÓNS DO ALUMNADO PARA A ABAU CALENDARIO PARA OS EXAMES DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XUÑO
ESO E 1º DE BACHARELATO |
|||
Está publicada no DOG de 20 de maio de 2021 a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22. O prazo único para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o 21 de maio e remata o 22 de xuño. Enlace á aplicación informática Extracto da Orde da convocatoria Para a presentación presencial: Anexos I e II da Orde da convocatoria |
|||
No DOG do 9 de febreiro publícase a orde do 21 de xaneiro do 2021 pola que se convocan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2021. Neste enlace pode accederse á convocatoria.
|
|||
No BOE do 8 de agosto de 2020 vén de publicarse a convocatoria de bolsas para os estudantes que no curso académico 2020-2021 cursen ensinanzas postobrigatorias, entre elas 1º e 2º de bacharelato, Formación Profesional de grao medio ou superior e Formación Profesional básica. A solicitude deberase realizar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es. O prazo de presentación de solicitudes vai do 9 de agosto ata o 1 de outubro de 2020 no caso das ensinanzas especificadas anteriormente. Neste enlace atópase toda a información relativa a como facer a solicitude. |
|||
A matrícula presencial deberá facela tanto o alumnado novo como o alumnado do centro que xa fixo a prematrícula. Documento de proxenitores, OBRIGATORIO para TODO o alumnado Instrucións sobre recollida do alumnado/información sobre o alumnado DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 1º ESO DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 2º ESO DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 2º ESO PMAR DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 3º ESO DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 3º ESO PMAR DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 4º ESO DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 1º BACHARELATO DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA 2º BACHARELATO
Enlace a información sobre o transporte escolar |
|||
Publicada, no DOG do día 19 de maio de 2020, a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21. O prazo único para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o día 20 de maio e remata o 19 de xuño. Enlace á aplicación informática Extracto da Orde da convocatoria Para a presentación presencial da documentación: Anexo I e Anexo II da Orde de convocatoria. |
|||
No día de hoxe, 6 de maio, publícase no DOG a Resolución do 5 de maio de 2020 na que se recolle o acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso, quedando os prazos como se reflicte a continuación:
|
|||
Xa dispoñemos no centro dos títulos académicos correspondentes ó alumnado que rematou no noso IES os seus estudos (ESO ou bacharelato) no ano 2018 (non neste curso pasado). Previamente xa recibiramos os correspondentes ó alumnado que rematara estudos nos anos 2014, 2015, 2016 e 2017. Os interesados/as (non os pais), ou unha persoa que eles autoricen, poden pasar por secretaría para retiralos, identificándose co seu DNI. Véxanse as instrucións e o modelo de autorización no enlace de debaixo. Téñase en conta que só dispoñemos do título daqueles alumnos/as que remataron estudos (ESO ou bach.) no noso centro; se se fixo noutro centro, o interesado/a deberá dirixirse a el. |
|||
Informamos de que estamos en prazo (entre o 1 e o 17 de febreiro) para que o alumnado de 6º do CEP de Ventín (centro adscrito) presente en Ventín a súa Reserva de praza para o noso IES. Tras iso, coas prazas que queden vacantes, abrirase para todo o resto de alumnado interesado o proceso de Admisión (entre o 1 e o 20 de marzo), sobre o que proximamente publicaremos toda a información relevante. Recórdase que a realización desa reserva ten carácter vinculante e é incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (salvo renuncia expresa e por escrito á reserva previamente feita, presentada neste IES antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión —1 de marzo—). O alumnado que xa é do noso Centro non ten que facer ningún destes trámites (nin o de Reserva nin o de Admisión). Máis información na propia aplicación de admisións ou na web da Consellería. |
|||
As listaxes están expostas no centro e poden descargarse nos arquivos adxuntos. PRAZO DE ALEGACIÓNS: exclusivamente venres 12 e luns 15. A publicación das listaxes definitivas será o 13 de setembro.
Libros de texto: listaxe provisional de admitidos. Libros de texto: listaxe provisional de excluídos. Axudas material: listaxe provisional de admitidos, excluídos e pendentes.
Recordamos que o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que entregar os libros prestados o día de recollida do boletín de notas, xoves 5 de setembro, ao seu titor ou titora. A listaxe definitiva do fondo solidario coa relación de axudas admitidas e excluídas será publicada nesta web e no centro o 13 de setembro. A entrega de libros ao alumnado terá lugar o 18 e o 19 de setembro de 2019. A entrega de vales de axudas para o material irá dende o 16 ao 28 de setembro e deberán ser recollidos persoalmente polos interesados na secretaría do centro. |
|||
Informamos ás familias que solicitaron participar no fondo de libros de texto que a listaxe provisional será publicada nesta web o 11 de xullo. O prazo de alegacións á listaxe provisional abrangue exclusivamente os días 12 e 15 de xullo. Recordamos que o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que entregar os libros prestados o día de recollida do boletín de notas, xoves 5 de setembro, ao seu titor ou titora. A listaxe definitiva do fondo solidario coa relación de axudas admitidas e excluídas será publicada nesta web e no centro o 13 de setembro. A entrega de libros ao alumnado terá lugar o 18 e o 19 de setembro de 2019. A entrega de vales de axudas para o material irá dende o 16 ao 28 de setembro e deberán ser recollidos persoalmente polos interesados na secretaría do centro. |
|||
|
|||
Publicada, no DOG do día 20 de maio de 2019, a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20. O prazo único para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o día 21 de maio e remata o 21 de xuño. PRAZO PECHADO
Enlace á aplicación informática Extracto da Orde da convocatoria Solicitude para cubrir en liña e imprimir (Anexos I e II)
|
|||
Achegamos información relativa a todo o proceso de fin de curso e de matrícula e inicio do seguinte (maio/xuño e setembro). No relativo a fin de curso está 2º de bach., por unha banda, e ESO/1º bach. pola outra: é fundamental aterse totalmente ás datas (e mesmo horas) aquí indicadas polo xusto dos prazos legais. CIRCULAR DA CONSELLERÍA (2º de BACH.) EXAMES EXTRAORDINARIOS 2º BACH. (xuño) CIRCULAR DO CENTRO (todo o proceso de fin de curso e setembro) CALENDARIOS DE MATRÍCULA (días e horas, xuño e setembro) |
|||
|
|||
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
