Titorías e familias

BECAS. ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS APOIO EDUCATIVO. FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

BECAS E AXUDAS: ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

ENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

 

BECAS E AXUDAS: FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

ENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

OBRADOIRO TITORÍA 2º ESO: "IGUALDADE E BOS TRATOS"

2º ESO: "Igualdade e bos tratos". Desenvolverase durante 4 sesións de titoría no mes de novembro.

 

OBRADOIRO TITORÍA 1º ESO: "COÑECE A NOSA CULTURA"

1º ESO: "Coñece a nosa cultura". Desenvolverase en 6 sesións durante a hora de titoría, dende a semana do 2 de novembro até a semana do 12 de decembro.

 

AXENDA ESCOLAR

Obradoiro sobre sexualidade e relacións coercitivas

A partir do xoves 22 de febreiro, o alumnado de 3º de ESO participará nas horas de titoría no obradorio "Sexualidade e relacións coercitivas" impartido por IGASEX3.

Obradoiro "Diversidade Cultural" para 1º de ESO

A partir do luns 19 de febreiro o alumnado de 1º de ESO asistirá nas horas de titoría ao obradoiro "Diversidade Cultural" impartido por IGASEX3.

Actividades de orientación académica e profesional - 2º BACH.

 

Actividade

Data e hora

Dirixida a

Charla na aula coa orientadora sobre as diferentes opcións e entrega de documentación.

Venres 26 xaneiro 2ª hora.

Alumnado 2º BACH.

Charla da USC no salón de actos.

Martes 30 de xaneiro ás 17:15 horas.

Alumnado 2º BACH.

Visita á USC.

Mércores 7 febreiro.

Alumnado 2º BACH.

Construíndo o meu camiño.

Encontros con profesionais

En colaboración coa ANPA MILLA

8 febreiro a 5º e 6º hora.

Alumnado 2º BACH e de 1º de BACH.

Charla sobre o acceso á universidade e sobre a USC no salón de actos.

Pendente de confirmación.

Nais e pais de 2º de BACH.

ENLACES SOBRE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Escola de familias

Este ano a Escola de pais abarca a toda a comunidade educativa do Milladoiro, grazas á implicación no proxecto da ANPA Milla do IES do Milladoiro e das ANPAS da EI A Galiña Azul Figueiras-Ames, da EI Municipal A Madalena, da EEI Millapeques e Anpa As Brañas ( CEIP Ventín ).

As charlas/talleres empezan en novembro.

Reunión co alumnado novo no centro e as súas familias

O martes, 5 de setembro, ás 18:00 h terá lugar unha reunión coas familias e o alumnado de 1º ESO no Salón de Actos do centro.

O alumnado novo no centro dos restantes cursos e as súas familias están convocados a outra reunión, o venres 8 de setembro ás 18.00 no Salón de Actos do centro.

Distribuir contido