Febreiro, mes do amor

No IES do Milladoiro amamos o galego

Entroido 2015

Actividades Departamento de Orientación

Talleres a impartir nas titorías no 2º trimestre.

1º DE ESO:

   * “Coñece a nosa cultura” impartido por IGAXES3, dentro dos Obradoiros do Programa Aleida.

3º DE ESO:

   * “Obradoiro de sexualidade” impartido por IGAXES3, dentro dos Obradoiros do Programa Aleida.

4º DE ESO:

   * “Prevención de drogodependencias” impartido por IGAXES3, dentro dob Plan de Prevención de Drogodependencias do Concello de Ames.

Actividades Biblioteca

  • No marco do día da paz que se celebra o 30 de xaneiro a Biblioteca organizou unha exposición de caligramas realizados polo alumnado de 1º de ESO coa colaboración dos departamentos de Lingua española e Plástica.
  • O martes 3 de febreiro o alumnado de francés de 3º e 4º de ESO e de 1º de Bacharelato acudirán á representación teatral: Le fantôme de l´opéra no colexio A Salle de Santiago.
  • O martes 3 de febreiro a última hora da tarde a Biblioteca organiza unha charla sobre a historia de cómic na que participará todo o alumnado dos clubes de lectura de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

IV EDICIÓN DO CLUB DE DEBATE

O IES do Milladoiro participa xunto con outros estudantes de Galicia na IV EDICIÓN DO CLUB DE DEBATE. Nesta actividade preténdese fomentar o uso do galego e o pensamento crítico.

Logo da xornada de formación do pasado venres, o noso equipo demostrará o moito que vale no primeiro debate do 27 de febreiro. Esta actividade está coordinada polo Equipo de Dinamización da Lingua do centro.

As Novas de Leo. nº 3

I Concurso de micropoemas de amor

A Biblioteca do IES do Milladoiro convoca o 1º concurso de micropoemas de amor. Anímate a escribir o teu propio poema de amor na lingua que prefiras. Pregunta aos teus profesores de linguas se tes dubidas sobre o que vas a presentar.

Bases do concurso

Visita a Biblioteca Pública Ánxel Casal

Este mércores os alumnos de e 3º ESO do clube de lectura visitaron Santiago para coñecer mellor as variadas posibilidades culturais que lles ofrece a biblioteca pública Ánxel Casal e para formar parte dunha visita guiada do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). 

ACTIVIDADES DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA-PROFESIONAL CO ALUMNADO DE 2º DE BACH

  • Charlas informativas na aula (19, 26 de xaneiro e 2 de febreiro a 4ª hora con 2º B e 6ª hora con 2º A) sobre as diferentes opcións académicas ao remate de 2º de Bacharelato e entrega de documentación.
  • Visita á USC o martes 3 de febreiro de 10:00 a 14:30 horas.
  • Charla da USC o luns 9 de febreiro ás 12:00 horas no salón de actos.
  • Posible visita a un centro de Formación Profesional segundo interese do alumnado.
  • Entrevistas persoais da orientadora co alumnado e/ou familias que así o soliciten.

PROGRAMA “TUTORÍA ENTRE IGUALES”

O vindeiro día 13 DE XANEIRO, MARTES, ÁS 18:45 HORAS, celebrarase unha reunión para nais/pais do alumnado da ESO no salón de actos. 

O obxectivo é presentar o PROGRAMA “TUTORÍA ENTRE IGUALES” TEI que se vai a implementar no noso IES.

O TEI é unha estratexia educativa, deseñada como MEDIDA PREVENTIVA CONTRA A VIOLENCIA E O ACOSO ESCOLAR.  TEN UN CARÁCTER INSTITUCIONAL, é dicir, non se trata dun conxunto de accións illadas realizadas polo alumnado, senón que implica a creación dunha CULTURA DA NON-VIOLENCIA que afecta a toda a comunidade educativa e que require da participación da mesma para modificar ou cambiar a cultura do centro.

Visita Parque eólico Sotavento

Alumnado: 1º Bach

 

Festival Nadal 2014

Xornada de Portas Abertas

O mércores 17 de decembro a Biblioteca do Instituto realizou unha xornada de portas abertas ás familias para que coñeceran de primeira man o estado de organización, algúns dos traballos realizados polo alumnado (poemas ilustrados de 1º da ESO) e a exposición sobre a Primeira Guerra Mundial.

Agradecémoslles a súa participación e desexamos a todas e a todas boas vacacións e un mellor 2015

Conferencia: As vantaxes lingüísticas de sermos galeg@s

     


Onte, no noso IES

AS VANTAXES LINGÜÍSTICAS DE SERMOS GALEG@S.

Conferencia de VALENTIM R. FAGIM e JOSÉ RAMOM PICHEL

 

Valentim R. Fagim (profesor de portugués na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol) e José Ramom Pichel (enxeñeiro informático e empresario de Imaxin Software) son autores dun libro moi interesante titulado O galego é unha oportunidade”, no que falan da enorme vantaxe que temos os galegos e galegas polo feito de podermos usar dúas linguas que teñen unha gran proxección internacional.

 

Os conferenciantes, dun xeito moi ameno, demostráronlle ao alumnado de segundo de bacharelato que o galego é unha lingua moi útil que nos permite comunicarnos con 250 millóns de persoas en todo o mundo (Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bisáu, Guinea Ecuatorial, Timor Leste, San Tomé e Príncipe, Macao…); que ten unha enorme potencialidade que non está sendo aproveitada e que nos ofrece unha clara vantaxe nun mercado laboral cada vez máis globalizado.

 

Visita de Paco Bañobre

O pasado venres 12 de decembro, o alumnado de 2º de Bacharelato recibiu a visita de Paco Bañobre, membro de Adega e colaborador do Proxecto Ríos. Bañobre impartiu unha charla sobre a importancia das augas, un recurso natural finito ameazado por mútilples perigos. Galicia é, non o esquezamos,o "país dos mil ríos", segundo a expresión de Álvaro Cunqueiro.

Problemas Matemáticos

Martín Alonso Gamarra, alumno de 1º de ESO A, é o gañador do concurso sobre problemas matemáticos.

Parabéns Martín.

As Novas de Leo. nº 2

Tertulia no IES do Milladoiro

Comunicamos que a tertulia dirixida aos pais/nais do alumnado de 1º de ESO, organizada para esta tarde ás 19:30 horas, posponse para despois de Nadal en data e hora que se comunicarán con antelación.
O motivo é que non contamos con número suficiente de participantes (confirmados por escrito na comunicación enviada ou mediante aviso oral) para poder aproveitar a riqueza de reflexionar en grupo. Entendendo, que estas datas previas ás vacacións e á primeira avaliación poidan ser máis complicadas.
 
 
O xoves 11 as 19:30 haberá unha tertulia sobre alimentación dirixida aos pais do alumnado de 1º de ESO, nela participará a Dra. Isabel González Lado, psiquiatra da Unidade de Desórdenes Alimentarios (UDAL) do Hospital de Conxo co seguinte obxectivo: "Crear un espazo de reflexión sobre a alimentación e nutrición do alumnado de 1º de ESO, que se está traballando nas titorías, para construír criterio saudable respecto aos seus hábitos alimentarios e detectar situacións de risco de cara á prevención."

PREMIOS DO IV CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DE AMES "DESATA A LINGUA"

Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Con motivo do "Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos", o alumnado de 3º da ESO exporá, na cristaleira cercana a Biblioteca, o traballo de reflexión realizado nas titorías en colaboración coa ONG Médicos do Mundo "Outra mirada cara á inmigración".

Dentro das actividades destinadas a celebrar o día internacional dos dereitos humanos, os alumnos de 1º bacharelato B realizaron na biblioteca a lectura en francés dos artigos da declaración internacional dos dereitos humanos.

Inauguración da biblioteca do CEIP de Ventín

O xoves 4 de decembro os alumnos dos Clubes de Lectura participaron nas actividades de inauguración da biblioteca do CEIP de Ventín, desenvolvendo as seguintes actividades:

  • Os alumnos de 1º ESO realizaron recomendacións das súas obras preferidas e leron fragmentos dalgúns contos traballados con Félix, profesor de lingua castelá.

  • O alumnos de 2º ESO centráronse en ler breves relatos míticos coa profesora Cristina Díaz.

  • Os alumnos de 3º ESO leron un conto de Sherlock Holmes preparado coa profesora de francés Ana Sofía Ardariz. 

  • Os alumnos de 4º ESO B traballaron a lectura a varias voces dun libro de poemas-cancións en francés coa profesora Margarita Rodríguez.

  • Os alumnos de 4º ESO C realizaron a lectura de varios fragmentos de obras escollidas por eles e falaron da súa participación no club de lectura. 

Grazas ao CEIP de Ventín e, en especial a Elvira, pola súa invitación e acollida.

   

 

PREMIOS DO IV CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DE AMES "DESATA A LINGUA"

 

     

O ALUMNADO DO NOSO IES RESULTOU GAÑADOR DE DOUS DOS TRES PREMIOS DA IV EDICIÓN DO CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO  DO CONCELLO DE AMES: 

O premio ao mellor guión orixinal recibírono tres alumnos de 4º de ESO, e o premio á mellor interpretación recaeu en dúas alumnas de 2º de Bacharelato.

O PREMIO AO MELLOR GUIÓN ORIXINAL foi outorgado ao monólogo titulado: A regularidade, con guión de Jorge Expósito Patiño e Daniel Expósito Patiño e interpretado por Daniel Iglesias Duro.

O PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN  foi para o monólogo: Cousas da vida, con guión de Camila Caffarelli Popowicz e Rosalía Cid Tarrío, interpretado por Rosalía Cid Tarrío.

A Biblioteca edita o seu primeiro boletín de novidades: *As novas de Leo*

25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero

  Con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, Ainhoa Seoane e Gloria Martínez fixeron a seguinte presentación: 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O próximo martes 25 de novembro, haberá as seguintes actividades relacionadas co Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

  • Visionado de CURTAMETRAXES
    • Lugar: Nas aulas con canón
    • Horario escolar
 
  • Lectura dun MANIFESTO
    • 11:30 Recreo
   
     
  • CONFERENCIA a cargo de Lola Ferreiro, profesora do IES Lamas de Abade
    • Alumnado: 1º Bach B (Historia)
    • Hora: 16:00
    • Lugar: aula de 1º Bach B
   
  • Proxección da PELÍCULA Sara de Silvia Quer
    • Alumnado: 4º ESO A, B, C
    • Hora: 16:30
    • Lugar: Salón de actos
 

Obradoiro de Fotografía

Dentro da actividade creativa do MACUF, obradoiro de fotografía a cargo de Fran Herbella.

A actividade está organizada polo departamento de Plástica e terá lugar segundo o seguinte horario:

     * 9:00-12:00:  1º ESO D

     * 13.00-14:30 e de 16:30 a 6:00 : 1º ESO C

     * lugar de celebración: aula de plástica

Samaín. Historias de medo

 

O xoves, 30 de outubro, celebramos o Samaín no noso IES. O alumnado de primeiro de ESO participou coa lectura dramatizada de historias de medo. Historias, a maior parte delas, que formaban parte da vida cotiá do noso mundo rural e que permitían, entre outras cousas, mitigar a angustia ante a norte, transmitir normas básicas para a convivencia e reforzar as relación sociais.

Pola nosa biblioteca pulularon, á última hora da mañá, a Morte branca e a Morte negra, ánimas en pena que deixaran neste mundo algún asunto sen resolver, mortos aos que lles había que rachar o hábito, caveiras e esqueletos falantes, santas compañas e lobishomes.

Teatro: A Tempestade

A Tempestade
O xoves 15, o grupo de 2º Bach. que cursa a optativa de Literatura Universal, asistirán a representación de A Tempestade no Salón Teatro (Santiago).
A Tempestade, o novo proxecto da compañía Voadora, é unha adaptación libre do último texto escrito por Shakespeare (1611).
Distribuir contido