Espazos para a reflexión

Baixo o nome de "espazos para a reflexión" a ANPA do IES do Milladoiro, Anpa Milla, coa colaboración do Concello de Ames, inicia neste curso unha escola de nais e pais na que se tratarán distintos aspectos e temas de interese para a comunidade educativa e as familias. As primeiras actividades, para desenvolver no mes de febreiro no IES do Milladoiro son:

Mércores, 8 de febreiro, a partir das 19.00 h. Xornada informativa sobre o TDAH. Realizada polas psicólogas da fundación Ingada, Sara Martín e Carmen Tomas.

Luns, 13 de febreiro, a partir das 17.00 h. Xestión de conflitos. Realizada pola Educadora Social Rebeca González.

Luns, 27 de febreiro, a partir das 17.00 h. Os camiños da sexualidade. Realizada pola Educadora Social Rebeca González.