Alerta meteorolóxica para o martes, 17 de xaneiro e posibilidade de suspensión do transporte escolar pola tarde

Dende a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación informan que a Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense. O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.

A causa de este aviso a Comisión Escolar de Alertas acordou a SUSPENSION do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña (entre os que se inclúe Ames), interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense y Valdeorras.

Ao longo da mañá do martes intentaremos actualizar a información a medida que recibamos novos datos

Máis información:

COMISIÓN ESCOLAR DE ALERTAS. CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CULTURA E UNIVERSIDADE

https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/284

AVISOS METEOROLÓXICOS. METEOGALICIA

https://www.meteogalicia.gal/web/adversos/adversosIndex.action

 

METEOGALICIA

https://www.meteogalicia.gal/web/inicio.action

 

AEMET

https://www.aemet.es/es/portada