Reparto de libros da "ANPA Milla"

 
Información da Anpa do IES do Milladoiro-AnpaMilla:
 
O 14/9/18 saen publicadas as listas de libros da Xunta onde se indican os libros das materias que lle corresponden a cada alumno.
 
Os días 17 e 18 de setembro en horario de 17:00h a 19:00h estaremos no IES para que poidades entregar libros e solicitar libros para o vindeiro curso.
 
A entrega terá lugar os días 24 e 25 de setembro en horario de 17:00h a 19:00h.
 
Lembramos os requisitos imprescindibles para acceder o banco de libros da ANPA:
 
   - Ser socio e estar o día no pago da cuota.
   - Devolver os libros en préstamo do ano anterior.
   - Aqueles alumnos que repitan curso, non terán que devolver os libros PERO  deberán notificar a situación a anpa e pagar a cuota anual.
 
Rogamos recollan os libros concedidos na data indicada, senón perderase o dereito ós mesmos.
 
Nestas datas podedes renovar cuotas de socios, solicitar consignas, solventar calquera dúbida....
 
Un saúdo,
 
A xunta directiva da ANPA do IES do Milladoiro-"Anpamilla".