Skip to Content

Intercambio con Francia

INTERCAMBIO CON FRANCIA 2017-18: BRETAÑA

Os nosos carrilexos de intercambio xa chegaron sans e salvos da súa extraordinaria viaxe a Francia. Foi unha aventura colectiva pero tamén moi persoal que quedará marcada na memoria dos e das participantes por moito tempo. O intercambio comezou o día 9 de marzo cando un grupo de 48 alumnos e alumnas do instituto do Carril, do IES Armando Cotarelo Valledor e do IES Fermín Bouza Brey. subiron no autobús. A acollida do collège La Roche aux Fées de Retiers foi magnífica e esperamos estar á altura cando nos toque a nós recibilos.

No programa da viaxe estaba como primeira etapa a visita da duna do Pyla, cerca de Burdeos, e a da cidade de Nantes. Posteriormente, visitaron diferentes lugares emblemáticos de Bretaña relacionados co tema central deste intercambio: o mar e a terra. Entre eles podemos citar o acuario de Le Croisic, unha panadaría e unha granxa ecolóxica, Fagots e froment, o bosque de Brocéliande, berce das lendas artúricas e das fadas Viviana e Morgana e do mago Merlín, unha granxa de ostras en Cancale ou unhas salinas en Guerande. Non podían faltar as visitas do Mont Saint- Michel e de Rennes, capital de Bretaña.

Pero o tempo non deu para máis e unha vez rematada a estadía en Bretaña o grupo viaxou ate París onde tivo a sorte de percorrer diferentes puntos da cidade que son xa símbolos universais. O último día en Francia estivo dedicado a Disney nunha xornada chea de ledicia para todo o grupo. A volta á casa foi vivida con emoción a pesares do cansancio. 

Esta experiencia completa de inmersión lingüística coñecerá a súa continuación no mes de setembro, esta vez en Galicia. 

Se queres ler os comentarios e as impresións do alumnado durante a viaxe podes entrar no blog de francés. Se só queres ver fotos da viaxe abre o album de fotos.

ALBUM DE FOTOS

Tamén podes ter a visión do outro lado visitando o sitio web do collège La Roche aux Fées.

Estes videos cruzados entre os rapaces galegos e bretóns ao día seguinte da despedida dan unha idea bastante boa do clima que se creou entre os participantes.

 

CHEGADA DOS BRETÓNS DO INTERCAMBIO 2016-17

Hoxe luns 10 de outubro chegou a Vilagarcía un grupo de alumnos e alumnas do collège Victor Segalen da Bretaña francesa. Este grupo compartirá casa,  familia e experiencias cos seus/coas súas correspondentes e mañá cada un dos tres institutos españois que participan, o IES Miguel Ángel González Estévez, o IES Fermín Bouza Brey e o IES Armando Cotarelo Valledor, fará un acto de benvida. Bretóns e galegos participan nun intercambio lingüístico e cultural que consta de dúas partes: primeiro os bretóns veñen a Vilagarcía e a finais de abril o grupo de galeg@s viaxará a Bretaña. 

Tanto en Galicia como en Bretaña todas as actividades están centradas nun tema que este ano é "As artes". O alumnado fará diferentes visitas didácticas e algún obradoiro que abarcarán dende a arte rupestre ata a arte contemporánea. As actividades desta primeira parte do intercambio rematarán o día 18. A segunda parte do intercambio comezará a finais de marzo en Bretaña e rematará a primeiros de abril en París. Desexámoslle ao alumnado participante que esta sexa unha boa experiencia compartida.

Podedes ver aquí un vídeo de bretóns e galegos de intercambio recitando Adiós ríos, adiós fontes diante da casa de Rosalía de Castro na Matanza, en Padrón:

 

CARRILEXOS NA BRETAÑA

Un grupo de alumnos e alumnas do noso instituto  marcharon este venres á noitiña para a Bretaña. Comeza así a segunda parte dun intercambio que comezou no mes de outubro coa chegada dos alumnado francés a Galicia.

O programa previsto é denso e comprende tanto visitas aos lugares máis emblemáticos da rexión como aulas no instituto e actividades compartidas tanto no centro educativo como na casa coas familias.

Se queredes ir seguindo os acontecementos podedes visitar o blog de intercambio que vos ofrece un resumo diario das aventuras do grupo e tamén podedes ver as fotos que iremos publicando.

VER O BLOG DO INTERCAMBIO

VER GALERÍA DE FOTOS

CHEGAN OS FRANCESES DE INTERCAMBIO

Un ano máis, os franceses invaden a nosa terra arousana con intencións moi pouco belixerantes. Nesta nova edición do intercambio teremos ao noso grupo connosco durante unha semana completa. Clicando na ligazón ou nas imaxes poderedes ver algunhas fotos das actividades de acollida: subida ao mirador de Monte Lobeira, recepción na casa do concello de Vilagarcía de Arousa e algunhas tamén da visita guiada á illa de Cortegada. O alumnado español espera con ilusión ir visitar aos seus amigos franceses no mes de marzo , coñecer ás súas familias e coñecer de primeira man como é o noso país veciño, Francia.

VER GALERÍA DE FOTOS

O GRUPO DE INTERCAMBIO DE FRANCÉS ESTÁ XA EN BRETAÑA

      Un grupo de 37 alumnos composto por rapaces e rapazas do IES A. Cotarelo, o IES F. Bouza Brey e do IES M.A. González Estévez de Carril está en Francia realizando un intercambio co alumnado do collège Victor Segalen de Châteaugiron. O intercambio, que xa anda pola súa decimoterceira edición, comezou o día 13 de marzo e remata o 26 do mesmo mes. Durante a maior parte do tempo o alumnado compartirá a vida familiar co/ca seu/súa correspondente en Bretaña e rematará esta aventura coa visita de París. A volta a Vilagarcía está programada para  o xoves 26 de marzo.

Este grupo ten un blog no que vai comentando as súas vivencias e sensacións (ademáis de incluir fotos). Podes ler o blog facendo clic aquí.

LER BLOG DO INTERCAMBIO

VER GALERÍA FOTOGRÁFICA

XA ESTAMOS NA BRETAÑA

Chegamos a Bretaña! Derspois de despedirnos das nosa familias iniciamos a segunda parte da aventura. Para seguirnos a pista podes visitar o blog do intercambio e ver a galería de imaxes que iremos aumentando cada día. C'est parti !

 

BLOG DO INTERCAMBIO

 

  

GALERÍA DE IMAXES

OS BRETÓNS INICIAN O INTERCAMBIO 13-14

     Como cada ano polo mes de novembro o alumnado procedente do collège Victor Segalen de Châteaugiron (Bretaña, Francia) chegou o día 7 a tres centros de ensino secundario de Vilagarcía que participan nesta experiencia de inmersión lingüística total que xa dura 11 anos: o IES Bouza Brey, o IES Armando Cotarelo Valledor e por suposto o noso IES Miguel Ángel González Estévez.

     Nesta ocasión todo o intercambio está artellado arredor dun tema común: a artesanía. Entre unha chea de actividades e de visitas programadas podemos destacar a visita dos bretóns ao obradoiro de gaitas Seivane ou a viaxe conxunta do alumnado galego e bretón a Santiago na que puideron traballar nun obradoiro de acibeche e outro de zocas creativas. Unha verdadeira delicia! 

     Como colofón desta primeira parte do intercambio, o venres 15 de novembro plantaron no patio do instituto de Carril un camelio traído de Bretaña que ten a súa parella correspondente no patio do collège Victor Segalen de Châteaugiron. Finalmente todos os participantes estiveron na festa do Magosto no instituto de Carril. As parellas formadas por bretóns e galegos fixeron equipos nos xogos tradicionais, asitiron á sesión de música e bailes tradicionais e participaron no xantar con bolos preñados e castañas asadas.  

Esta emocionante xornada rematou coa volta a casa do alumnado bretón. Todos, bretón e galegos, agardan impacientes a segunda parte do intercambio que terá lugar en Bretaña no mes de abril do ano que ven.

GALERÍA DE FOTOS

FOTOS E XORNAL DIARIO DO INTERCAMBIO CON FRANCIA

Para seguir a actualidade e ver as fotos e vídeos do Intercambio VILAGARCÍA- CHÂTEAUGIRON 2012-13 entre o noso instituto, o IES Bouza Brey o IES Cotarelo e o Collège Victor Segalen podes entrar no blog de francés ou na GALERÍA FOTOGRÁFICA.

 

 

 

 

REVISTA DO INTERCAMBIO 2011-12

Revista creada polo alumnado participante no Intercambio con Francia no curso 2011-12. Nesta edición especial quedan recollidos e documentados con numerosas fotografías diferentes aspectos tanto da viaxe a Francia como da convivencia coas familias: a visita a Disneyland e aos Walt Disney studios , Paris o reencontro cos corres. as familias bretoas, a vida no collège Victor Segalen de Châteaugiron, as comidas na Bretaña, as visitas de  Nantes, Dinan, do Mont Saint-Michel, da fábrica de galletas de "La Mère Poulard" así como as anécdotas máis divertidas.


Revista electrónica 

(Para pasar as páxinas da revista fai clic nos bordes das follas)

(Podes abrilo en Internet Explorer)

Revista en PDF

 

.

INTERCAMBIO ESCOLAR CON FRANCIA 2011

Como cada ano nestas datas, temos visita. Chegaron os alumnos bretóns do Collège Victor Segalen, de Châteaugiron (Bretaña, Francia).

Este é o noso cuarto intercambio, aínda que a actividade, na que participan os institutos de Fontecarmoa, Sobradelo e Carril, ten xa 10 anos de traxectoria.

O intercambio está destinado aos alumnos de francés de 2º e 3º de ESO, que reciben nas súas casas un rapaz ou unha rapaza de Châteaugiron. Durante case dúas semanas compartirán con nós clases, visitas culturais e festas.

No mes de marzo os rapaces de Carril visitarán Châteaugiron, onde serán acollidos polas familias dos seus "correspondants".

Os participantes, un total de 80 rapaces dos catro centros organizadores, realizarán durante todo o curso diferentes actividades entorno á temática "O mundo feminino", co obxectivo de dar a coñecer e valorar a importancia do rol da muller nas sociedades bretoa e galega.

Os alumnos bretóns chegaron a Galicia o pasado 31 de outubro e o mércores 2 de novembro foron recibidos no instituto por todo o alto.  Aquí tendes un pequeno vídeo da recepción:

 

Para máis información podedes consultar o programa de actividades e seguir o blog do intercambio: http://letourdecarril.wordpress.com/echange.

Distribuir contido


by Dr. Radut