Skip to Content

ENDL

warning: Parameter 2 to wijering_swftools_flashvars() expected to be a reference, value given in /srv/www/drupal6/includes/module.inc on line 476.

MAGOSTO 2013

 Chegou o tempo da castañas e con elas chegou o Magosto. Para celebrar este evento tivemos varias actividades durante toda esta semana como por exemplo a charla “Falamos do Magosto”, unha exposición de cogomelos no 1º andar ou a proxección dun audiovisual titulado:“Tempo de outono”.

Deronse tres premios do concurso convocado no Samaín de cabazas decoradas:

  1. Nerea Barreiro (1ºC): cabaza-morcego.
  2. Aarón López (2ºA): cabaza-matrioska
  3. Raquel Maneiro e Melissa García Rey (2ºC): cabaza comendo unha mazá 

 Ademais celebramos unha nova edición do Concurso de Receitas de Cociña do Magosto elaboradas con algun produto de tempada (castañas, cogomelos, noces...). Entre todas as receitas destacaron dúas: a de "volovanes de cogomelos"(salgada)de Araceli Castrelo (2ºB) quedou en 2º lugar mentres que a receita gañadora foi a da "tarta de queixo e castañas" (doce) presentada por Sara Vázquez (2ºC)

     E o venres 15 de novembro, a partires do 1º recreo celebramos a festa propiamente dita. No programa había xogos tradicionais, actividades deportivas  e un xantar popular con castañas asadas, chourizos e preadas. Todo isto acompañado de música tradicional executada polo noso alumnado. Longa vida ao Magosto!

     GALERÍA FOTOGRÁFICA

                                    

O SAMAÍN VOLVEU A CARRIL

Todos os anos polo Samaín, a axenda do instituto está cargada de actividades destinadas a coñecer mellor e a disfrutar esta festa tradicional tanto de Galiza como doutros países celtas.

Tivemos coma sempre unha exposición de cabazas decoradas polo alumnado que puidemos admirar durante toda esta semana no primeiro andar.

Ademáis, como sabemos que ao alumnado de 1ºESO gustalle moito pasar medo o martes 29 asistiron á escenificación de “Romeiros do Alén, lendas de morte” rodeados dun ambiente de misterio na nosa biblioteca, Bibliomalveiras. Podes escoitar aquí algunha desas historias.

E para que souberan máis sobre a festa dos mortos, o mércores, Ramón Brea, coordinador do equipo de Dinamización, presentoulles un audiovisual titulado “A festa do Samaín”.

Pola súa banda o alumnado de 4ºESO ampliou coñecementos sobre esta festa dende unha perspectiva internacional grazas ao audiovisual titulado “Halloween nos EE.UU”. 

VER GALERÍA DE FOTOS

AS FOLIADAS DO INSTITUTO COMEZAN XA! (2013-14)

AS FOLIADAS DO INSTITUTO COMEZAN XA! (2013-14)

Quedades convidados a esta nova edición das foliadas no instituto todos os primeiros martes de cada mes a partires do martes 1 de outubro . Animádevos a participar!

LETRAS GALEGAS 2013

Como xa saberedes, este ano o persoeiro destacado do Día das Letras Galegas é Roberto Vidal Bolaño. Pois ben, en Carril ten moitísimos clons! Podedes velo nesta galería de fotos.

Eu tamén son Vidal Bolaño

 

Bromas aparte, se vos fixades no cartaz deste ano veredes que a semana das Letras Galegas estivo chea de actividades moi interesantes que van dende a colocación de carteis sobre Roberto Vidal Bolaño ata a celebración de encontros literarios, sesións formativas e ata tivemos unha foliada das letras(Clic aquí para aumentar a imaxe)

Ramón Brea, coordinador do Equipo de Dinamización Lingüística, preparou estas presentacións sobre a vida e a obra do autor homenaxeado este ano:

 

 

Ademais, para conmemorar a festa das Letras Galegas deste ano estivo convidada Natalia Carou, autora de "O alento nas costas". O alumnado de 4ºESO tivo un encontro con ela na nosa Biblioteca.

(Clic aquí para aumentar a imaxe)



OS MAIOS 2013

Coincidindo cas actividades da semana das Letras Galegas celebramos a festa dos Maios deste ano. No seguinte vídeo podedes ver unha presentación de fotos que preparou Xosé Ramón, o coordinador de Dinamización Lingüística:

Neste outro vídeo vemos unhas fotos da festa:

Finalmente neste vídeo podemos ver a foliada dos maios:

(proximamente)

EXPOSICIÓN: "100 ANOS DE ENTROIDO"

O venres día 26 de abril quedou inaugurada a exposición "100 anos de Entroido. Vilagarcía, Carril, Vilaxoán". As persoas que forman parte do obradoiro de emprego "Vista Alegre" crearon esta exposición para conmemorar o centenario da unión dos concellos de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán. Elas foron as encargadas de presentar a exposición ao alumnado de 1ºESO-A e de 4ºESO-PDC.As interesantes e amenas explicacións abriron aos ollos do alumnado as vivencias dunha época xa pasada da que herdamos o noso xeito de celebrar o entroido.

   

VER GALERÍA DE FOTOS DA EXPOSICIÓN

GAÑADORES DE "CARTAS DE AMOR EN 4 LINGUAS"

Este ano celebramos unha nova edición do concurso de "Cartas de amor e amizade en 4 linguas". O xurado, formado por integrantes do Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro, destacou a calidade dos traballos presentados e seleccionou a mellor carta escrita en cada unha das catro linguas.

Os gañadores do consurso foron os seguintes:

 
     Autor Curso        Título        Lingua
             

 

Brais Agrasar (1ºESO-B)   Meu querido Raio   galego
Antía Campos (1ºESO-A)   Mon petit prince   francés
  Carolina Silva (4ºESO-B)   Somos como almas libres   castelán
  Antón Blanco (1ºBach-B)   I saw that   inglés
             
  Podedes ler a carta premendo no título. Parabéns aos gañadores!
 

POLOS 150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS

     Un 17 de maio de hai 150 anos, viu a luz o poemario "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. Con esta obra, a nosa xenial poetisa marca o inicio do rexurdimento da literatura galega. Como mostra de admiración por esta peza fundamental das nosas letras, os departamentos de Galego e de Música decidiron pedirlle a uns rapaces e rapazas que chegaron de lonxe, uns estranxeiros de noso, que puxeran voz a estes fermosos textos de Rosalía. Podedes ver aquí o resultado. Xulgade vós mesmos!

FESTA DE ENTROIDO 2013!

Tivemos música, baile, risas, disfraces....e moitos agasallos para os participantes na festa. Parabéns a todos os gañadores dos concursos! Para ver polo miúdo estas marabillas e os disfraces máis chulos da festa visita o album de fotos deste Entroido facendo clic aquí  ou na "galería fotográfica" na barra superior.

(clic para agrandar)

CONCURSO DE CARETAS   

1º premio

Rubén Diz

2ºESO-B

2º premio

Brais Agrasar

1ºESO-B

Cartaz 

Entroido

2013

 

Cartaz entroido 2013  

Accesit

Beatriz Fernández

3ºESO-A

Accesit

María Pérez

3ºESO-A

Accesit

Irene García

2ºBACH-C

                               


CONCURSO DE SOBREMESAS

1º premio

Antía Maneiro

3ºPDC

2º premio

Jessica Barreiro

4ºESO-B 

Trata de chocolate

3º premio

Raquel Maneiro

1ºESO-C

Filloas


  CONCURSO DE DISFRACES  

Categoría: Individual Categoría:  Festival de grupos

1º premio

Juan M. Catarino

O Mestre (bis)

1º premio

3ºESO-B 

1º BACH (Artes)

 3ºB

2º premio

Coro Gospel

 

Gospel

3º premio

  2º BACH-A/B/C  

 

(sen foto)

#recitandocelsoemilio

 

Hoxe mércores 12 do 12 do 2012 ás 12h35 o instituto de Carril sumouse aos actos de homenaxe ao poeta Celso Emilio Ferreiro polo centenario do seu nacemento.

Fixemos un traballiño audivisual a correr mais con moito sentimento, e é que toda a comunidade deste instituto deitado frente ao mar de Arousa ten unha sensibilidade especial cara a arte e o mundo das letras. Así foi que, aínda non ben lanzada a proposta, choveron tantos voluntarios para recitar que até tivemos que realizar un sorteo porque non tiñamos versos para todos. 

Aquí vos deixamos o resultado, esperamos que disfrutedes como disfrutamos nós facendoo e véndoo en pantalla grande no hall do insituto.

 

 

Trailer promocional coa música do grupo arousán   Borderline 79

Deitado fronte ao mar

Deitado frente ao mar, de Celso Emilio Ferreiro.

Recitado colectivo

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut