Skip to Content

Sociais

O BACHARELATO PARTICIPA NO PARLAMENTO XOVE

Por primeira vez o noso centro participa cun grupo de debate no Parlamento Xove.

Parlamento Xove trátase dunha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán, escribirán e debaterán acerca dun tema. Realizarase en dúas fases: unha clasificatoria da que xurdirán oito equipos gañadores que se enfrontarán nunha segunda fase: a final. Paralelamente a elo, os equipos poderán entregar artigos de investigación que contarán cun premio especial ao mellor documento.

http://www.parlamentoxove.com

 

Este certame que xa vai pola súa novena edición propón un tema de debate para cada fase. Os día 2 e 3 de marzo un grupo de 1º de Bacharelato formado por Brais González Herraez, Ismael Fontán Pérez, Yaiza Torrado Loureiro e Rubén Villanustre Loureiro pasou a primeira rolda que tiña como tema "A educación ambiental nos centros educativos significaría evitar incendios como os acaecidos en outubro de 2017 en Galicia?". Podes consultar as táboas de clasificación aquí. 

Sabemos que é unha boa oportunidade de aprender a buscar e a seleccionar a información e utilizala despois para facer argumentacións razoadas traballando en equipo e respectando sempre as ideas dos demais. Animamos aos nosos participantes a que sigan traballando para a seguinte fase que se celebrará o 4 e o 5 de maio co tema: 

"A experiencia acumulada nun ano sabático pode ser de gran axuda para orientar os intereses académicos e laborais da xuventude europea antes de que inicien a súa etapa universitaria: ¿debería existir un plan de financiamento europeo destinado a tal fin?"

Distribuir contido


by Dr. Radut