Skip to Content

Tecnoloxía

MODIFICACIÓNS DA PROGRAMACIÓN DE TECNOLOXÍA CURSO 2019-20

 

  1ºESO
2ºESO 3ºESO 4ºESO 1ºBACH 2ºBACH
Tecnoloxía
- Ver documento Ver documento - - -
Tecnoloxía industrial           Ver documento
TIC
- -  - Ver documento Ver documento Ver documento
Programación
- Ver documento - - - -
Retoque fotográfico
- - - - Ver documento Ver documento
Robótica         Ver documento  

EXPOSICIÓN DE TECNOLOXÍA (2º/3ºESO)

O alumnado de 2ºESO e 3ºESO, coordinados polo seu profesor de Tecnoloxía,  preparou no primeiro andar unha exposición de diferentes máquinas realizadas con materiais de refugallo: ascensores de varios pisos, roldanas, iluminación nunha vivenda ou no interior dunha neveira, automóbiles e ata unha torre de Hércules, coa súa primitiva función de faro. 

Chama a atención o que os rapaces poden conseguir cun bote de champú, unha pila e unha caixa de cartón. Velaí vos vai unha galería de fotos destes marabillosos obxectos.

VER GALERÍA DE FOTOS

Novas Seccións Bilingües

O IES Miguel Ángel González Estévez solicitou recentemente a autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para iniciar no curso 2011-2012 novas seccións bilingües, en inglés e castelán, nos cursos e materias que se indican a continuación:

  • 2º ESO: Tecnoloxías
  • 4º ESO: Informática
  • 1º Bacharelato: Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC)

A posta en marcha de cada unha das novas seccións bilingües, unha vez sexan autorizadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dependerá de que se acade en cada unha delas o número de alumnos necesarios. De non obterse a autorización da Consellería ou non acadarse o número de alumnos necesarios, a materia correspondente será impartida integramente en castelán.

A participación nas seccións bilingües é voluntaria, pero é necesaria a autorización por escrito dos pais, nais ou titores legais do alumnado. Na Conserxería do centro pódese pedir unha copia do modelo de autorización para cada curso. Unha vez asinada a autorización, pódese entregar de novo na Conserxería do centro.

Xa temos Bacharelato Tecnolóxico

A partir deste curso 2010 2011 xa é posible matricularse en Tecnoloxía Industrial I en primeiro de Bacharelato e no seguinte curso  poderase tamén  matricular de Tecnoloxía Industrial II e Electrotecnia para poder completar a especialidade do Bacharelato Tecnolóxico. Esta especialidade é a opción máis recomendable para aqueles alumnos que van estudiar unha carreira Técnica , tal como Enxeñeiria, Arquitectura ou calquer especialidade técnica de Formación Profesional.

Distribuir contido


by Dr. Radut