Skip to Content

Lingua Castelá e Literatura

BLOGUES DO DEPARTAMENTO

Blogue de aula de Ana Barral: El sueño de Alicia

Blogue de  Manuela para as aulas de ESO: Mueve la Lengua

Blogue de Manuela para as aulas de  Bacharelato: Lengüeteando en carrilengua

RECITAL POÉTICO DO ALUMNADO

Por Lorena Castro Rial (1BAC/B)

     O pasado 27 de abril as alumnas de 1º de Bacharelato B e C levaron a cabo un recital poético para as clases de 4º da ESO.

     O recital e toda a súa preparación previa formaba parte dun traballo da clase de Literatura Universal. Dirixiuse a ese público en concreto para lle amosar unha das actividades que se traballan na materia e facer que os próximos estudantes de Bacharelato se interesen pola mesma.

Preparación

(Fai clic nas imaxes para ver a galería de fotos)


A partir dun conxunto de poemas de distintas autoras que lemos e presentamos na clase, fixemos unha selección do que iamos ler. Centramos as nosas eleccións naqueles que nos gustaran máis, tanto individual como colectivamente, e cos que máis nos identificaramos.

    Quedamos cun total de trece poemas: dous moi longos, tres moi curtos e o resto de extensión media. Os longos decidimos lelos entre todas, un para abrir o recital e outro para fechalo, mentres que os tres máis curtos, por exemplo, foron lidos por unha soa persoa.mos ler. Centramos as nosas eleccións naqueles que nos gustaran máis, tanto individual como colectivamente, e cos que máis nos identificaramos.

Determinamos a orde de lectura en función do que expresaba cada poema, creando unha sensación de avance na vida dunha muller ao longo do recital.

Co obxectivo de que a actividade non resultara aburrida dispuxemos a biblioteca de forma distinta á que estamos acostumadas, facendo unha pasarela dende o lugar onde liamos ata o que nos sentabamos, con dúas ringleiras de cadeiras a cada lado, de maneira que a que lle tocaba recitar tiña que erguerse e ir ata o lado contrario da biblioteca.

No lugar onde liamos colocamos un foco, que foi a única luz acesa, para que a atención estivera na persoa que lía. Outros pequenos detalles nos que nos paramos foron o vestiario, vestimos todas con camiseta negra e pantalóns vaqueiros, e tamén a música, de carácter instrumental para poñer de fondo e acompañar a lectura.

As autoras dos poemas lidos eran todas mulleres e para que o público fora consciente disto, incorporamos a proxección dos seus nomes e fotografías a medida que liamos os seus respectivos poemas.

Así foi o noso recital, unha actividade xenial na que todas participamos, aportamos algo e a pesar dos nervios, levamos a cabo con éxito.

Esperamos que os alumnos espectadores gozaran e se animen a cursar a materia de Literatura Universal o vindeiro curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut