Skip to Content

Orientación

CONSULTA AS TÚAS SAÍDAS ACADÉMICAS E PROFESIONAIS

Para entrar fai clic na imaxe

A USC CAMIÑA A VILAGARCÍA

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) realizará o venres 10 de febreiro no auditorio de Vilagarcía unha serie de actividades encamiñadas a orientar ao alumnado de 2º de Bacharelato nos seus estudios superiores.

Unha mesa redonda, unha conferencia, un seminario sobre os servicios da USC, stands informativos sobre as diferentes titulacións, obradoiros e demostracións completan esta mostra dos estudos superiores ofertados pola universidade de Santiago.

Para obter información detallada preme nesta imaxe:

INFORMACIÓN ABAU

Información xeral: COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA GALEGA.

Informacións específicas:

 

ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Hola a tod@s, aquí póñovos os enlaces de admisión aos ciclos de grao medio e o calendario, aínda non abriron a aplicación nin publicaron a oferta educativa do curso vindeiro 2020/2021 pero nestes días estará todo actualizado. Xa ides ver que algunha información aparece entre parénteses (pendente de publicación ou actualización). Dende estas ligazóns podedes entrar directamente.
Moita sorte no que solicitedes.
 
 

ADMISIÓN NOS CICLOS DE GRAO SUPERIOR

Hola a tod@s, aquí póñovos os enlaces de admisión aos ciclos de grado superior e o calendario, aínda non abriron a aplicación e ainda non publicaron a oferta educativa do curso vindeiro 2020/2021, nestes días estará todo actualizado.Xa ides ver que nalgunha información aparece entre parénteses (pendente de publicación ou actualización).
Dende estes enlaces podedes entrar directamente.
Moita sorte no que solicitedes.
 
 
 
 

----------

INSCRICIÓNS NA ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO

Instrucións de acceso para todas as modalidades  das EESS de Deseño nas EASD´s de Galicia, tamén para as EESS de Deseño de Moda e de Deseño de Produto que se imparten na EASD Mestre Mateo. Son estudos de grao de ensinanzas superiores.

  • Inscrición entre o 18 e o 29 de xuño, para todas as modalidades de acceso. A inscrición pódese realizar de forma telemática, para poder formalizala de forma telemática é necesario dispor da Chave365
  • PROBA MADUREZA: 6 de xullo, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. (para os solicitantes que non dispoñan de título de bacharelato ou equivalente)
  • PROBA ESPECÍFICA: Realizarase o 13 de xullo Como novidade, este curso, a proba específica non estará centralizada na Coruña. Para evitar desprazamentos, esta parte das probas levarase a cabo simultáneamente nas catro Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia: EASD Mestre Mateo en Santiago de Compostela, EASD Pablo Picasso A Coruña, EASD Antonio Faílde Ourense, EASD Ramón Falcón en Lugo.

Haberá que levar a inscrición e facer a proba naquela Escola que estea máis preto do domicilio do solicitante. A proba é unica para as 4 especialidades en Deseño que se imparten nas Escolas: Deseño de Moda, Deseño de Produto, Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.

  • Pode consultar a información completa na web da Escola Mestre Mateo, nesta ligazón
  • Preguntas frecuentes, nesta ligazón
  • Obtención Chave365 aquí  ou no teléfono 012

2º BACHARELATO VISITA O CAMPUS DA USC E O PARLAMENTO GALEGO

O alumnado de 2° de Bach  visitou as diferentes facultades do campus Norte e Sur da USC co obxetivo de orientarse de cara a elección das futuras carreiras. Pola tarde visitamos o Parlamento e asistimos a un pleno.

Para ver o album de fotos preme na imaxe

XORNADA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O alumnado de primaria que comezará os seus estudos no instituto para o próximo ano académico pasou parte da mañá cos alumnos que xa están no instituto e que serán as súas titoras e titores o vindeiro ano escolar. Deste xeito puideron visitar as instalacións e coñecerse persoalmente a través de  diferentes actividades en común. Como testemuña desta xornada festiva quedan estas imaxes.

VER ALBUM DE FOTOS

(Preme na imaxe para ampliala)

Distribuir contido


by Dr. Radut