Skip to Content

Educación física

O TSAAFD FAI A RUTA DA PEDRA E DA AUGA

O alumnado de primeiro e segundo do ciclo superior fixo o 9 de outubro a Ruta da pedra e da auga. Esta foi a primeira toma contacto entre o gran grupo. Uns xogos de coñecemento na natureza axudaron a conseguilo. Velaí unhas imaxes e vídeos desta actividade.

VER ALBUM DE FOTOS

CURSO DE INCLUSIÓN SOCIAL

O Centro de Formación do Profesorado (CEFORE) de Pontevedra iniciou o curso Estratexias para unha escola inclusiva e a atención á diversidade. Nel participan o xoves 27 de setembro dous profesores do IES Miguel Ángel González Estévez en calidade de relatores: Conchi Pérez e Luís Garrigós. O seu proxecto Marzo sen Fronteirasque xa recibíu un premio da Unión Europea, é un exemplo práctico de inclusión social de rapaces e rapazas con discapacidades psíquicas. Este é o cartaz co programa deste curso.

O 1º DE TSAAFD FAI UNHA RUTA EN BICI POLA ILLA DE AROUSA

O alumnado de 1º de TSAAFD  fixo hoxe, 5 de abril, unha ruta en bici. O percorrido foi de Vilagarcía a Vilanova , deron a volta a toda Illa de Arousa a rentes do mar e por último volveron a Vilagarcía.

Unha ruta moi bonita que  permitiu ao profesorado e ao alumnado do ciclo superior acoñecerse mellor entre eles, facer exercicio e prepararse para unha saída moito mais longa que farán dentro duns meses.

ALBUM DE FOTOS 

MARZO SEN FRONTEIRAS 2018

O 21 de marzo deste ano celebrouse no recinto feiral de FEXDEGA unha nova edición de MARZO SEN FRONTEIRAS. Trátase dun proxecto integrado no que o alumnado do 2º curso do TSAAFD ten que planificar e executar este evento: busca de finanzamento, preparación de actividades e de materiais necesarios, cartelería, etc. Os coordinadores do proxecto son dous profesores do ciclo, Conchi Pérez e Luís Garrigós.
Hai que destacar este ano a colaboración da asociación Cans de familia, o que permitíu levar a cabo un obradoiro de terapia con cans. Ademais, os asistentes puideron disfrutar das actuacións en directo de Dani Barreiro & friends e dun grupo de alumnos e alumnas de música de 4ºESO do noso instituto. Ademais hai que citar ás empresas da localidade que fixeron donacións para o avituallamento. O noso agradecementos para estes colaboradores desinteresados. Tamén o noso agradecemento a Diego Alcaine e a Chuli de Foto Merchi polas fotos e vídeos que compartimos.
Lembremos que este ano 2018 o proxecto acadou un premio da Unión Europea concedido pola súa innovación nun campo tan complexo como é o da inclusión de persoas con discapacidade.
Queda aquí á vosa disposición un album de fotografías  que dan fe do evento e os vídeos disponibles na rede. 

Video de Arousa.Tv 
 

 Vídeo de La Voz de Galicia
Notas de prensa; 


  • Antes do evento:
 
 
  • Despois do evento:


FARO DE VIGO. EDICION AROUSA:
 
Revista GARATUXA do CEE

O TSAAFD RECIBE A DOUS REPRESENTANTES DO PRINCESA LETIZIA

 Amencer-Aspace naceu no ano 1991 como unha asociación de familias de rapazas e rapaces con parálise cerebral e actualmente ten a súa sé no Centro de Atención Integral Princesa Letizia de Vilagarcía. A el  acoden nenos/as e rapazada nova de toda a comarca del Salnés (Cambados, a IIla de Arousa, Vilagarcía, Caldas de Reis, Moraña, A Estrada, etc.) con parálise cerebral ou outros transtornos neuro-motores. 

Precisamente dous representantes do centro estiveron no noso instituto en Carril e fixeron un achegamento  ao alumnado do TSAAFD que os acollera este ano por primeira vez en Marzo sen Fronteiras.

ALBUM DE FOTOS

UNHA CLASE DIFERENTE PARA O TSAAFD

O 2 de febreiro ás 8 da mañá o alumnado de 1º do ciclo superior TSAAFD tivo unha clase diferente. Utilizando materiais de esvaramento non habituais o alumnado estivo traballando o equilibrio nas aulas de patinaxe. "Moi divertido e enriquecedor" - afirmou profesorado e alumnado. Velaí quedan estas imaxes testemuñas da actividade.

VER ALBUM DE FOTOS

SEMANA BRANCA 2018

Xa está á vosa disposición o album de fotos da "Semana branca" do 2018.

  • Alumnado:  TSAAFD.
  • Datas:        Do 20 ao 27 de xaneiro do 2018.
  • Lugar:        Estación de GrandValira,  Andorra

VER ÁLBUM DE FOTOS

O ALUMNADO DE 1ºESO APRENDE A XOGAR AO GOLF

Sesión de  iniciación ao golf para 1* ESO nas instalacions deportivas do  IES  M. A González Estévez dentro do programa  " GOLF NOS COLEXIOS" da Federacion Española de Golf .

GALERÍA DE FOTOS

(Fai clic nas imaxes para amplialas)

O CICLO SUPERIOR PRACTICA KAYAK-POLO EN VERDUCIDO

VER GALERÍA DE IMAXES

Vendo as imaxes do alumnado do ciclo superior xogando ao kayak-polo esta semana, semella que é un deporte realmente bonito e divertido. Segundo a definición da Federación Española deste deporte:

"O Kayak-Polo consiste nun xogo de pelota competitivo entre dous equipos, compostos de cinco xogadores cada un. Os participantes, provistos dun kayak e dunha pala, intentan marcar goles na portería do contrario."

Esta sesión foi realizada no encoro do Pontillón do Castro, na parroquia de Verducido, no concello de Pontevedra. Alí está o Centro Deportivo do Pontillón do Castro que podedes ver nas imaxes, o mesmo que no ano 2007 acolleu a realización do Campionato de Europa de piragüismo en augas tranquilas. Ese centro conta tamén con tres vías de sendeirismo e un rocódromo.

Distribuir contido


by Dr. Radut