Skip to Content

2021-22

PUBLICACIÓN DO PROXECTO "ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS" DO CURSO 20-21

Na Revista Galega do Ensino (EDUGA) saíu publicado este proxecto de interés social levado a cabo no noso instituto o curso pasado polo alumnado de 3ºESO, guiado polo profesorado que á súa vez foi coordinado pola profesora de galego Iria Mariño.

Se queres saber máis sobre este excelente traballo, podes ler a revista facendo clic nesta imaxe:

XINCANA 2ºESO

Para rematar o curso, o martes 22 de xuño o alumnado de 2ºESO realizou unha xincana feita polo EDLG, o Departamento de Educación Física e o Departamento de Matemáticas.
As probas que resolveron combinaban exercicios físicos e problemas sinxeliños de matemáticas. O obxectivo era conseguir os números que abrirían a caixa que gardaba o segredo pitagórico.
Que ben o pasaron!!

Para agrandar as fotos, prémeas
     
   

RECIBIMOS A VISITA DE XABIER DÍAZ

O alumnado do IES O Carril recibiu esta mañá a visita do músico Xabier Díaz. O cantante e pandeireteiro, que vén de publicar o disco “Levantarse e caer”, aproveitou o encontro para facer unha reflexión sobre o paradigma do éxito, animando á adolescencia carrilexa a optar por vías ilusionantes e a perserverar no que realmente lles gusta.

No patio, nun ambiente de total intimidade e sen ningún tipo de amplificación, Xabier Díaz cantou para o alumnado do Carril e presentou os seus instrumentos de percusión tradicional predilectos: a pandeireta, a pandeira e o pandeiro cadrado; considerados moitas veces como intrumentos menores e que ofrecen, porén, un amplo abano de recursos de timbres e ritmos a quen os domina. Entre copla e copla, o artista reivindicou o valor do papel das mulleres como conservadoras e transmisoras da lírica tradicional galega.

Un grupo de alumnas e alumnos quixo sorprender a Xabier Díaz cantando con el a "Muiñeira de Limiñoa", e deste xeito animar ao resto a achegarse á música tradicional.

Foi unha mañá ben enriquecedora que deixou, con certeza, a súa semente en todas e todos.

Para ver o album de fotos, clic aquí

 

 

 

O ALUMNADO DO CARRIL PARTICIPA NO PARLAMENTO XOVE

Os nosos alumnos de 4º da ESO, Noa Santiago, Alicia García, Rubén Alcalde e Carmen Vila, estiveron o pasado 17 e 18 de xuño nos cuartos de final do Parlamento Xove. A sorte non foi con eles e tristemente non pasaron dos cuartos, pero xa é un logro chegar onde chegaron, tendo en conta que era a súa primeira vez. Moitos pararabéns e ogallá que o ano que ven inténteno de novo. En especial tamén felicitar a Noa Santiago, que recibiu un premio á mellor oradora. E por suposto esperamos que outros alumnos do centro se animen a facer esta actividade.

Ver album de fotos

(O noso alumnado pode verse en 1h 38m)

 

ALDAOLADO VISITOU O INSTITUTO DO CARRIL

O mércores 15 de xuño estiveron no noso centro María Lado e Lucía Aldao, máis coñecidas como "Aldaolado", presentando a súa función "O Benquerer (se)". Mesturaron a música, a poesía, as historias propias e o humor para reflexionar sobre o concepto de amor romántico e a importancia de quererse a un mesmo.

Ver álbum de fotos

XOGOS POPULARES PARA O ALUMNADO DA ESO

A semana do 6 xuño, o alumnado de 1ºESO a 4ºESO contou con dúas sesións (por clase) para desfrutar e divertirse cos xogos tradicionais colocados nun dos pavillóns do noso centro. Xogaron, aprenderon e coñeceron os distintos xogos alí expostos.

Para ver o album fai clic na imaxe
Álbum: DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA -> Xogos tradicionais na ESO

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CIES DE 3ºESO

O alumnado de 3ºESO visitou as Illas Cíes o pasado 3 de xuño. Foi un día ben intenso: camiñata ata o faro pola mañá e tempo de praia pola tarde. Pero que ben o pasaron!!

VIsita o album de fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut