Skip to Content

Complementarias

ALUMNAS DE CARRIL NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BALONCESTO

Seis alumnas de 4º ESO participaron nos Campeonatos de España de Baloncesto Cadete celebrados en Leon do 24 o 30 de maio, xunto cos 32 equipos mellores de toda España. Acadaron un magnífico vixésimo primeiro posto.

(VER GALERÍA DE FOTOS)

Antes de ir ao Campeonato de España foron subcampeonas galegas. A nova nos xornais do 10 de maio:

    


A nova do Campeonato de España :

   
 
26 de maio
27 de maio
27 de maio

ALUMNA DE 1ºBACHARELATO FINALISTA DO III CERTAME DE RELATO CURTO

A nosa alumna Carmen Cuervo Martínez quedou finalista do III CERTAME DE RELATO CURTO convocado pola FANPA de Pontevedra. Parabéns, Carme!

E velaí o texto seleccionado.

ARROGANTEMENTE IMPERFECTO

     Arrogantemente imperfecto, terrorificamente asimétrico, unha aberración. Non podía seguir vivindo comigo, o meu reflexo..."iso" era eu... A mirada fóiseme inconscientemente ás revistas de tías boas que deixara sobre o meu escritorio, non me interesaba este tipo de revistas polo seu contido sexual, senón pola terrible perfección e simetría de todos e cada un dos corpos das mulleres que posaban naquelas revistas...grandes peitos, pel bronceada, cute impecable...Medín de novo a miña cintura: sesenta e cinco centímetros. Demasiados milímetros, simplemente imperdoables. Nunca sería coma elas, nunca tería esas curvas perfectas, nunca carecería de todas as miñas imperfeccións..., nunca chegaría a ser ninguén. Non podía sair así á rúa, todos o saberían, saberían que o meu van mide demasiado..., sesena e cinco..., un número tremendamente asimétrico..., ademais as miñas cadeiras eran tres centímetros máis longas do debido, era un ser defectuoso. Vestinme de novo e sequei as bágoas co pulso, cincuenta e tres milímetros separábanme do resto do planeta.

     É certo, obsesionárame con números: pesaba cincuenta quilos, medía un metro cincuenta e nove (demasiado pequena), noventa de peito, sesenta e cinco de talle, noventa e tres de cadrís..., noxento. As táboas da perfección fuxían do meu alcance e eu só podía tremer baixo a atenta mirada da egocéntrica sociedade. Frustración e medo mesturábanse cada vez que me expoñía a ela, arrepiábame saír, prefería a soidade da miña casa, onde ninguén me vise.

VIAXE ÁS ILLAS CIES 2015

(Para ampliar, clic na imaxe)

Un nutrido grupo formado polo alumnado de 2ºESO e os seus profesores acompañantes tiveron a fortuna de visitar as illas Cies durante unha xornada completa. A climatoloxía acompañou e os servicios dun guía conseguiron que todo o mundo disfrutara e aprendera moito. Ata houbo quen se queimou un pouco! Para ver a reportaxe fotográfica da xornada, fai clic na galería fotográfica.

GALERÍA FOTOGRÁFICA

3º ESO VIAXA Á COSTA DA MORTE

Moitas veces o que temos máis cerca é o que menos coñecemos.  Na excursión á Costa da Morte visitamos algúns dos lugares emblemáticos de Galicia, pero non foi só unha viaxe a lugares espectaculares como o Cabo de Fisterra, tamén unha viaxe no tempo ata o Neolítico no Dolmen de Dombate, a idade do ferro no Castro de Borneiro e ao Medievo na fermosísima igrexa de Moraime ou no castelo de Vimianzo.
Quedáronnos moitos lugares por ver, pero o tempo non deu para máis.  Só esperamos ter despertado a curiosidade e o interese dalgúns e que sexan eles quen os descubran.

Manuel Rodríguez

ABRIR ALBUM DE FOTOS

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN MAGE'15

Cartaz da exposición (arousatv.com)

A partires do 17 de abril queda aberta ao público a exposición MAGE'15, unha mostra de traballos realizados polo alumnado do Bacharelato artístico que cursa estudios no IES Miguel Ángel González Estévez de Carril. Á inauguración asistiu, ademáis do equipo directivo do instituto e do profesorado e do alumnado responsable da exposición, a concelleira de cultura representando ao Concello de Vilagarcía, dona Rocío Llovo. Animamos a todo o mundo a visitar a exposición que estará aberta ata o 10 de maio.

VER GALERÍA DE FOTOS DA INAUGURACIÓN

LER A NOVA NA PRENSA:   Diario de Arousa

         Instantanea do acto de inauguración

 

PERFORMANCE DO ALUMNADO DE ARTES

(clic na foto para ampliar)

     O alumnado de artes realizou unha performance o 3 de marzo no edificio do Centro de Interpretación da Ría de Arousa (CIRA), situado na praia Compostela. Nesta foto podemos ver o resultado da actividade que pretendía ser unha reflexión sobre a paisaxe natural e humana.

PARTICIPAMOS NO IV TORNEO PANOS BRANCOS

Un ano máis a rapazada do noso instituto participou nunha inicitiva da  Fundación Galega contra o Narcotráfico, este ano en colaboración co Concello de Boiro: o IV Torneo Intercidades Panos Brancos. Celebrouse o venres 27 de febreiro de 2015 e un grupo de alumnas e alumnos de 1ºESO e 2ºESO xogaron na final e acadaron o 5º posto. Podedes ver nestas fotos aos membros do equipo amosando orgullosos o seu diploma. Tamén podedes ler a nova no Canal Rías Baixas.

(Para ampliar clic nas fotos)

 

 

ATENEA 2014

GUITARRITA 2014

Na derradeira semana deste curso celebrouse na cafetería unha nova edición de GUITARRITA, un festival que da a coñecer os talentos emerxentes do noso instituto. Velaí unhas imaxes do evento.

Distribuir contido


by Dr. Radut