Skip to Content

2017-18

Iº TORNEO DE VOO DE AVIÓNS DE PAPEL

Este venres 18 de maio foron entregados os premios do Iº torneo de voo de avións de papel organizado polo alumnado de 1ºESO-B e a súa titora Maika. O ranking de gañadores é o que segue:

OURO Os Dalton (1ºESO A1)
 
  • Fabio Santamaría
  • Fabián Suárez
  • Pedro Torrado
PRATA Paperwings (1ºESO A2)
 
  • Antón Costa
  • Alba López
  • Ángel Miguéns
BRONCE Os Peripatéticos  (1ºESO A2) 
 
  • Mario García
  • Alba López
  • Antonio Rey
Mención especial    
Iº voo de maior distancia  Antón Costa 

30,12 m

 

IIº voo de maior distancia  Angel Miguéns 27,10 m

 VER ALBUM DE FOTOS

    

EXPOSICIÓN DO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO ARTÍSTICO

Tras recibir a consigna de facer un cartaz de tema social e reivindicativo, o alumnado presentou estes traballos cargados de contidos e de técnica. Unha exposición que da que pensar.

VER A EXPOSICIÓN

DATAS DOS EXAMES FINAIS DE PENDENTES

Para ver/descargar o arquivo preme sobre a imaxe

AUTORIZACIÓN RECOLLIDA TÍTULOS

Se a persoa titular non pode recoller persoalmente o seu Título de Educación Secundaria, Bacharelato ou Ciclo formativo, pode autorizar a outra persoa para que o retire da Secretaría en horario de 10:00 a 13:30 de luns a venres.

Que hai que facer?

2º ESO e 3ºESO

                    

 

Fai clic nas  dúas imaxes para descargar nunha o arquivo MP3 e noutra o arquivo de texto

O ALUMNADO DE CARRIL REMATOU A SÚA PARTICIPACIÓN NO PARLAMENTO XOVE

As carrilexas e os carrilexos que participaron na IXª edición do Parlamento Xove acudíiron a Compostela o 4 e o 5 de maio para debatir na fase final. O tema foi: "A experiencia acumulada nun ano sabático pode ser de gran axuda para orientar os intereses académicos e laborais da xuventude europea antes de que inicien a súa etapa universitaria: ¿debería existir un plan de financiamento europeo destinado a tal fin?".

O equipo de Carril tivo que posicionarse en contra da tese mentres que o alumnado do instituto de Becerreá co que debateron, a favor. Primeiro cada equipo presentou as súas argumentacións  Nunha segunda parte do debate Rubén e Ismael refutaron os argumentos do equipo de Becerreá. Finalmente os representantes dos dous institutos, Becerreá e Carril, tiveron que expor as súas conclusións. A encargada do noso instituto foi Alba Conde. O equipo de Becerreá saíu victorioso desta batalla dialéctica.

Iria López, unha das nosas representantes falounos sobre a súa experiencia persoal. Dixo que estaba demasiado nerviosa e intimidada polo equipo de Becerreá, que xa levaba gañando oito anos e notábase que estaban moi relaxados e seguros de si mesmos. "Tremía, trabábame falando, cando eu normalmente non o fago", dixo Iria.

Alba Conde tamén comentou que había moita presión pero destacou como aspecto positivo que tivo a oportunidade no seo do seu propio grupo de debatir ideas contrarias argumentando e que esa discrepancia sempre era respectuosa e construtiva.

Esta primeira participación no Parlamento Xove podería servir aos participantes de futuras edicións como unha boa experiencia de traballo en equipo para tentar defender unha postura grazas ao diálogo e ao consenso.  Unha proveitosa lección para todos. 

 

       

Nas imaxes os nosos cinco representantes: Iria López, Alba Conde, Isaac, Rubén e Brais González (non está nas fotos)

4ºESO: Les tâches ménagères

     

Fai clic nas  dúas imaxes para descargar nunha o arquivo MP3 e noutra o arquivo de texto

EXCURSIÓN A BARCELONA DO ALUMNADO DE RELIXIÓN CATÓLICA

Do 16 o 21 de abril un grupo de 40 alumnos de ReCa (Relixión Católica) do noso centro e 16 do Bouza Brei, acompañados polos profesores Esther Dasilva, Begoña Barcala e Isabel Pérez de Carril e Manuel Cachaldora e Carmela do Bouza fixemos unha viaxe a Barcelona.

VER ALBUM DE FOTOS

Nesta viaxe coñecemos, o primeiro día pola mañá, Zaragoza. Sorprendeunos a grandiosidade da Basílica do Pilar e a fermosura de todos os monumentos que a bordean ademáis de ver o Ebro case desbordado. De aquí partimos para comer e visitar o Castelo Templario de Miravet. Cansos, voltamos ao noso hotel en Cambrils. Ao día seguinte esperábanos Barcelona.

O segundo día, estivemos no barrio gótico; o que máis nos gustou foi “Santa María do Mar”. Pola tarde, a visita central, o máis esperado de toda a nosa viaxe, “ A Basílica da Sagrada Familia”. Viñemos marabillados pola súa grandeza e luminosidade. Despois para ir baixando o ritmo á Casa Milá e o parque Güell, todas obras do xenial  Gaudí.

O terceiro día estivo adicado a PortAventura. Disfrutamos ao máximo das súas atraccións  e espectáculos. Ao sair do parque achegámonos a coñecer a parte antigua de Reus.

O derradeiro día,  fomos a Tarragona para coñecer a “Tarraco romana”, non nos decepcionou. Despois de xantar, emprendemos a viaxe de volta a Vilagarcía. Coas paradas obrigadas, entre elas, a de Sahagún,  nun pobo moi bonito. 

Chegamos a TIR as 4:30,  moi cansos pero moi satisfeitos da viaxe. 

Isabel, profesora de Relixión

O ALUMNADO CARRILEXO PARTICIPA EN IMATXINA

O xoves 13 de abril, o alumnado de 2º da ESO foi a Vigo nunha excursión organizada polo departamento de Matemáticas. 
Aproveitaron a mañá para ir á Casa do Libro, dar unha volta pola exposición de Baldo Ramos e Pepe Cáccamo, “A Dobre Páxina” e por último, asistiron ás actividades programadas na XIV edición de Imatxina.
 
  
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut