Skip to Content

2017-18

XA SAÍU PUBLICADA A REVISTA ENORMIC BANDA

O xaponés Takekazu Asaka asina o limiar en galego da revista Enormic Banda. Esta excelente iniciativa da Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés leva xa 20 anos de andaina e cada ano sorpréndenos coa creatividade do alumnado apaixoado da banda deseñada. Nesta ocasión sae publicada A festa dos cinco minutos de Germán Elías Villarroel López, alumno de 3ºESO do noso instituto que retrata de xeito divertido o que fai o alumnado en ausencia do profesorado.

Parabéns para Elías e para todos os debuxantes!

VER ALBUM DE FOTOS

         

FOTO PREMIADA NO CONCURSO DA ASOCIACIÓN DE XEÓGRAFOS DE ESPAÑA

Cristina Asensi, alumna de 2º Bacharelato,  é a autora dunha das fotos premiadas na VI edición do concurso Explica Xeografía coas túas fotos convocado pola Asociación de Xeógrafos de España (AGE). O obxectivo deste concurso é promover o coñecemento xeográfico e unha mellor comprensión do territorio e da paisaxe. Parabéns!

VER ALBUM DE FOTOS

XORNADA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O alumnado de primaria que comezará os seus estudos no instituto para o próximo ano académico pasou parte da mañá cos alumnos que xa están no instituto e que serán as súas titoras e titores o vindeiro ano escolar. Deste xeito puideron visitar as instalacións e coñecerse persoalmente a través de  diferentes actividades en común. Como testemuña desta xornada festiva quedan estas imaxes.

VER ALBUM DE FOTOS

(Preme na imaxe para ampliala)

AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

 Publicadas as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente, correspondentes ao disposto na Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018 destinadas ao alumnaso dos centros sostidos con fondos públicos. Podes consultar instruccións e listados na web da convocatoria: 

http://www.edu.xunta.es/axudasle

CONCURSO DE FOTO E VIDEO "OLLARES EN IGUALDADE"

PARA LER AS BASES FAI CLIC NA IMAXE

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2018-19

O 21 de maio de 2018 saiu publicada a Orde  pola que se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado da ESO para o curso escolar 2018/2019. Ver información completa na sede electrónica da Xunta.

Iº TORNEO DE VOO DE AVIÓNS DE PAPEL

Este venres 18 de maio foron entregados os premios do Iº torneo de voo de avións de papel organizado polo alumnado de 1ºESO-B e a súa titora Maika. O ranking de gañadores é o que segue:

OURO Os Dalton (1ºESO A1)
 
  • Fabio Santamaría
  • Fabián Suárez
  • Pedro Torrado
PRATA Paperwings (1ºESO A2)
 
  • Antón Costa
  • Alba López
  • Ángel Miguéns
BRONCE Os Peripatéticos  (1ºESO A2) 
 
  • Mario García
  • Alba López
  • Antonio Rey
Mención especial    
Iº voo de maior distancia  Antón Costa 

30,12 m

 

IIº voo de maior distancia  Angel Miguéns 27,10 m

 VER ALBUM DE FOTOS

    

Distribuir contido


by Dr. Radut